Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Cultura. Catro traballadores da factoría explicaron as súas vivenzas // A casa de cultura acollerá ata o día 15 mostra ‘Encontro a tres’ TEXTO M. Lavandeira

Lembranzas da antiga baleeira de Caneliñas e mostra artística en Cee

Cee viviu unha fin de semana de lembranzas e de arte. A casa da cultura acolleu o encontro Atrás da balea: PolaFía en Cee, organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración do Concello, na que Manuel Caamaño Martínez, Manuel Trillo Fidalgo, Victorio Caamaño Vázquez e Jesús Manuel Vázquez Costa contaron as suas vivencias e experiencias como traballadores da antiga factoría baleeira de Caneliñas, que foi a máis grande da Península Ibérica e a derradeira en pechar en Europa.

En 2024 cumpriranse 100 anos da súa posta en funcionamento. As súas instalacións son de titularidade privada e, segundo explicou a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, está en estudo “un proxecto que inclúe un centro de interpretación e unha escola de vela; unha iniciativa integrada no entorno”.

Depois dunha ollada ao pasado, quenes se deron cita na casa cultural ceense visitaron a exposición Encontro a tres, unha mostra de pintura que recolle obras dos artistas Isabel Soutullo, Josecho González e Maribel Castiñeira (XMÑ). Na mesma non só comparten espazo, senón tamén temáticas, entre as que priman a defensa e o coidado do medio ambiente, a xeometría e a cor, ou a intuición e o estado de ánimo dos propios artistas participantes.

O acto inaugural estivo presidido pola rexedora de Cee e polo concelleiro de Cultura, Juanma Buiturón, ademais doutros membros da Corporación local, aos que acompañaron os tres artistas. O mariñeiro, escritor e pintor ceense Xosé Iglesias complementou o encontro artístico cun recital poético para pechar outra gran xornada cultural.

29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.