Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Licítase a mellora do núcleo das Punxeiras, en Ortoño

As obras, cun orzamento de máis de 175.00 euros, permitirán reformar o asfaltado, o estado dos interiores e tamén os accesos

O núcleo das Punxeiras, situado na parroquia de Ortoño, gozará nos vindeiros meses dunha importante mellora no seu viario. Nesta ocasión, a Xunta de Goberno Local aprobou no mes de xuño unhas obras que contan cun orzamento inicial de 175.148,95 euros, e que servirán para reformar o asfaltado e o estado dos interiores e os accesos ás Punxeiras.

En concreto, o proxecto dividirase en tres actuacións conxuntas, que se centrarán nos interiores do núcleo e os accesos ás Punxeiras dende A Tarroeira e a estrada DP-0205. Dende a intersección con esta vía ata a chegada do núcleo, ampliarase cada marxe lateral en 50 centímetros, arranxaranse as fochancas e disporase a mesma capa de rodaxe.

Ademais, ao longo da marxe norte e das vivendas da marxe sur, construirase unha cuneta de 1,5 metros de ancho e cuberta con pavimento de formigón. Tamén na marxe norte haberá que facer un muro de bloques de granito, co fin de salvar o desnivel existente na intersección coa estrada DP-0205. Este muro contará cunha varanda de aceiro inoxidable para facilitar o tránsito dos peóns con total seguridade.

Por outra banda, actuarase nos treitos que discorren entre as vivendas do núcleo, de 105 metros de lonxitude e cun ramal doutros 35 metros. Neste espazo demolerase o pavimento existente e aplicarase un novo de formigón, con franxas lonxitudinais nas marxes e cortes transversais en lastra de pedra de granito. Tamén se reformará o viario que une A Tarroeira co núcleo das Punxeiras. Para isto arranxaranse as fochancas e aplicarase unha nova mestura bituminosa sobre o tramo que se conserva na actualidade. Na marxe esquerda, ao longo de 150 metros, executarase unha senda para peóns que ocupará o espazo entre as vivendas,

19 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.