Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Maiores de sesenta anos teñen abertas xa as preinscricións para o Amessan

Haberá cursos dende o 5 de outubro nos locais sociais, casas da cultura ou na Peregrina

Ames. O Concello de Ames presenta a programación Amessan 2020-2021 de actividades para persoas maiores de 60 anos empadroadas. Os interesados poden xa preinscribirse enviando un email (voluntariado@concellodeames.gal) ou ben chamando por teléfono ao número 662 377 044, de 9.00 a 14.00 h.

Os cursos, que arrincarán o vindeiro 5 de outubro, inclúen decoración e restauración; estimulación cognitiva; ximnasia terapéutica e música tradicional galega. Impartiranse nas casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e tamén no de Oca.

Ademais, este ano impartiranse actividades no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e na casa dos maiores do Milladoiro. O prazo de preinscrición está aberto ata o 28 de setembro. O lema da programación do curso 2020-2021 de Amessan vai ser Espreguiza corpo e mente.

Estes cursos complementaranse, como novidade, coa continuación do programa Ponlle fin a fenda dixital, incluíndo obradoiros de competencias dixitais básicas que se levarán a cabo tanto na casa dos maiores como nos locais sociais e casas da cultura. Formaranse grupos reducidos onde aprenderán o manexo do móbil como medio de comunicación e participación social, a usar as funcións máis básicas e avanzadas, instalación ou funcionamento de aplicacións. m. outeiro

19 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.