Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Manteñen os socialistas o apoio ao Concello pero dubidan da súa xestión

Coa fin deste bipartito, o PSOE denuncia a falta de resposta e califícao como “estratexia partidista”

Santiago. O PSOE de Teo, o principal afectado pola rutura de goberno onde se expulsaron a catro concelleiros socialistas para a posterior retirada das súas áreas correspondentes, denuncia a falta de explicacións por parte do goberno municipal ao realizar tal acción. Sinalan que “dada a multiplicidade de asuntos fundamentais para este Concello, como a Casalonga, a unidade institucional é fundamental” e engaden que lamentan “a decisión de Rafael Sisto, vinculada ao que entendemos como unha estratexia partidista de escaso recorrido, antepoñendo intereses do seu grupo en contra dos intereses xerais da veciñanza”.

Ademais, sinalan que esta decisión realizouse nun momento onde, máis que nunca, a poboación do municipio demanda e precisa estabilidade.

Unha das concelleiras expulsadas da gobernanza, que ata agora, constituíu un bipartito entre o PSOE e Son de Teo, Uxía Lemus, sinala que “lamentamos profundamente esta decisión, que entendemos vinculada a cálculos electorais, que non á xestión dos nosos concelleiros.

Seguiremos a traballar desde a oposición como o fixemos ata agora, de forma “construtiva” e “coa institución e a veciñanza como principio máximo da nosa actuación.”

Ademais, nunha entrevista concedida ao programa da Cadena Ser, Hoy por hoy, a ex concelleira Lemus, afirmou que seguirán mostrando o seu apoio ao Concello como xa o fixeron previamente. Ante isto, sinala que “a actitude de pacto vai ser a mesma, non hai dúbida. Este partido o que quere é o mellor para o goberno municipal pero pon en cuestión a capacidade xestora do Concello xa que só contan con catro persoas en todas as áreas. Insistiu ademais, na necesidade de manter un goberno unido e lamentou “o espectáculo que está amosando este Concello” á vez que demandou a necesidade dun período de transición polo ben da veciñanza. ECG

PP demanda a alcaldía mentres o BNG preséntase receptivo a posibles acordos e consenso
Ca fin deste bipartito, o PSOE denuncia a falta de resposta e o califica como “estratexia partidista”

SUSANA MARTÍNEZ. Santiago. Despois de que Rafa Sisto dinamitase o taboleiro político de Teo, o resto de formacións sitúanse nun punto de non retorno. Por unha parte, precisan recalcular os movementos e accións que estaban organizadas de cara a final de ano, da mesma forma que repensar a estratexia política ante un panorama que se presenta aparentemente aberto a pactos. Con todo, a decisión do edil Sisto colleu a todas as formacións por sorpresa, de forma que as accións e debates sobre os posibles acordos aínda están no aire. Manuel Barreiro, responsable do BNG de Teo, sinala que “durante o mandato, existiu algunha conversa con PSOE e co Son de Teo para ver de entrar nese goberno”. Con todo, afirman que desde a formación nacionalista, sempre “avisamos de que viamos certas tensións e rexeitamos entrar no goberno xa que o PSOE non se atopaba a favor de que entraramos na alcaldía”. Barreiro agregou que “é unha sorpresa que rompera o bipartito no tramo final do mandato” pero, ao mesmo tempo, “si que é certo que esperábamos o sucedido. Sabíamos que había tensións, e en realidade funcionaban como dous gobernos distintos”.

En canto á posición dos posibles apoios e pactos, o BNG afirma que “esto dinamita un pouco o panorama previo” e abre novas posibles liñas de acción. “Temos que analizar con calma, porque non houbo ningún contacto co edil” pero agregou que “o BNG sempre tivo a man tendida, aínda que non estivemos no goberno, é certo que apoiamos, tanto a través de voto afirmativo como de abstención, saíron sempre os orzamentos”.

Desde a formación nacionalista, Barreiro explicou que desde o comezo, eles votaron pola elección de Rafa Sisto como edil do municipio fronte a Uxía Lemus, polo que “nós nunca nos negamos a falar con ninguén, e se o alcalde considera que ten algo que falar con nós, sentarémonos nunha mesa e falaremos”.

Los populares piden la alcaldía. Por outra banda, outra das formacións do Concello de Teo tamén viron achegarse este resultado. O voceiro dos populares de Teo, José Manuel Guerra, que reuniu de urxencia ao seu grupo municipal este luns ante o cese de todos os concelleiros do PSOE por parte do alcalde, Rafael Sisto, de Son de Teo, e a conseguinte ruptura do goberno bipartito, ao que se referiron como a “crónica dunha ruptura anunciada”.

Para Guerra, segundo explica, esta noticia non supuxo ningunha sorpresa, xa que “as discrepancias e a desconfianza mutua entre os edís socialistas e os de Son de Teo eran constantes desde hai bastante tempo”.

“A realidade é que este goberno bipartito non funcionou desde o primeiro minuto, operaban como dous gobernos, cada un pola súa banda, sen ter en conta en ningún momento as necesidades dos veciños”, explicou Guerra nun comunicado emitido polo grupo popular.

O voceiro do PP de Teo lembra ademais que a coalición entre PSOE e Son de Teo “era unicamente un pacto para evitar que o PP gobernase” e, ao fío aproveitou esta situación para pedirlle o goberno ao alcalde “que se bote a un lado e deixe gobernar a quen gañou as últimas eleccións municipais, que foi o Partido Popular”.

Guerra advirte que a situación que se abre agora, é a dun goberno en minoría de Son de Teo con só catro concelleiros, “cando nós contamos con sete, é inviable”, moito máis despois do “espectáculo precedente cos seus socios socialistas e, como consecuencia, a nefasta xestión do concello”.

Por último, e asegurando non ter pretensións de facer leña do árbol caído, sinalan desde o partido que no caso concreto das, ata este luns, concelleiras de Educación e Urbanismo, Uxía Lemus e Mayte Argibay, ambas do PSOE, os populares de Teo pediran de xeito insistente o seu cese pola aparente falta de competencias nas áreas.

05 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.