Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide comparte un obradoiro que forma no ámbito forestal

‘Natureza no Camiño de Santiago’ arrancou con 20 alumnos // Santiso e Toques participan

O obradoiro dual de emprego Natureza no Camiño de Santiago deu comezo este martes coa apertura do curso que contou coa presenza do alumnado, profesorado e os alcaldes dos concellos de Melide, Toques e tamén Santiso. A actividade formará durante un ano a vinte persoas en repoboación forestal e tratamentos silvícolas.

Os rexedores transmitiron os seus mellores desexos para o alumnado ante esta oportunidade de capacitación profesional. José Manuel Pérez, alcalde de Melide, sinalou na súa intervención a importancia de “traballar conxuntamente entre os concellos próximos en garantir oportunidades de formación e de emprego para a veciñanza”. Destacou, así mesmo, a ligazón entre o contido do curso e a importancia económica do sector forestal nos municipios participantes.

Dentro do programa do curso levaranse a cabo varias actuacións en parcelas forestais de titularidade pública nos catro municipios. En Melide, intervirase na concentración parcelaria Maceda-Orois, así como no camiño da ruta da senda do Bocelo. En Arzúa efectuaranse labores de mantemento, de roza, limpeza e silvícolas na Mota, Beis-Oíns, Castro Curbín, Tronceda, Dombodán e Burres. En Santiso as actividades do curso desenvolveranse na zona náutica de Beigondo, nas fincas do Castro de Ribadulla, no campo da festa de Barazón e o campo de fútbol de Visantoña. Igualmente, haberá actuacións na área de Belmil; no muíño, fonte e lavadoiro de Novela; no campo da festa de Serantes e no camiño Fonte Santa. Xa en terreos de Toques, o curso incluirá labores nas contornas.

19 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.