Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Se eu Fose ALCALDE ...

... “Melloraría a xestión da recollida de residuos”

Ismael Liñares, profesor

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, que tres cousas faría en favor dos veciños?

As melloras que proporía para O Milladoiro serían, en primeiro lugar, a creación de máis zonas verdes e prazas para poder desfrutar os veciños, xa que penso que aquí é imposible ir dar un paseo sen que sexa por asfalto. Non hai un espazo onde descansar; malia que é certo que xunto ao instituto estase a crear unha zona verde, penso que non cobre as necesidades que demanda a veciñanza. En segundo lugar, melloraría os servizos de autobuses porque coñezo persoas que traballan fóra e teñen que estar en Santiago ás 06.30 horas e non poden valerse do autobús. Por último, gustaríame que na nosa vila se crease un ximnasio municipal, con tarifas axeitadas e que incluíse unha piscina cuberta.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de vivir no Milladoiro son sen dúbida as conexións que temos con Santiago e outras vilas importantes da nosa Comunidade autónoma.

E o qué peor lleva?

O que menos me gusta é sen dúbida a xestión de residuos que se fai no concello, xa que é moi habitual ir pasear e atopar colchóns e todo tipo de residuos tirados polas beirarrúas. O Concello debería pór máis da súa parte e informar mellor.

18 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.