Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Milladoiro vai ter piscina renovada no próximo verán

O plan inclúe mellores ferramentas de filtrado e depuración e novos materiais impermeables

A piscina descuberta municipal do Milladoiro vai gozar dunha mellora no seu mantemento, que se verá facilitado polos novos materiais impermeables dos vasos das piscinas e polas novas instalacións de filtrado e depuración.

O proxecto aprobouse en xunta de goberno local e conta cun orzamento inicial de 79.999,98 euros a cargo do Plan Ames Progresa 2021-2023. As obras, unha vez adxudicadas, non afectarán ao funcionamento actual da piscina, xa que non comezarán ata rematado o seu período de apertura, do 15 de xuño ao 15 de setembro.

Por unha parte, actuarase retirando o peche existente e colocando no seu lugar un novo valado formado por paneis de malla metálica duns dous metros de altura, que rodeará toda a parcela. Este cambio no espazo das instalacións irá acompañado dun novo pavimento no acceso oeste da piscina, preto dunha zona arborada, na que se nivelará o terreo e se colocarán baldosas de granito para crear unha entrada que respecte as normativas de accesibilidade.

Por outra banda, no que se refire ao propio funcionamento e estado das instalacións, melloraranse e repararanse as ferramentas de filtrado e depuración actuais. Primeiro, os filtros baleiraranse de area, repararanse as súas paredes e contarán cun novo recheo de cristal filtrante de areas. Ademais, instalarase un equipo automático de clorado e sulfatado de auga, cun regulador de PH automático para a piscina e a auga potable dos vestiarios.

Ademais, os muros dos vasos contarán cun novo revestimento que mellore a súa impermeabilidade. Para isto, instalarase un muro de superficie irregular de plaquetas cerámicas, composto de cementos especiais para favorecer a impermeabilización e o mantemento do estado da auga. As piscinas contarán tamén cun novo revestimento antiescorregadizo, resistente ao cloro e ás manchas. Por último, repasaranse as pezas do borde da piscina cunhas de formigón ou pedra, e subs-
tituiranse as deterioradas.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “a piscina descuberta do Milladoiro é unha das instalacións municipais máis empregadas durante a época estival”. Debido a iso decidiuse facer unha importante mellora das súas instalacións e vaise aproveitar o verán para tramitar o expediente de licitación. Unha vez pechen, a partir do 15 de setembro, “xa se poderán executar as obras”, di o rexedor.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca que se trata dun investimento “moi necesario e que leva sendo reclamado pola veciñanza amesá dende hai tempo. Deste xeito, trataremos de mellorar estas instalacións de cara ao vindeiro verán”.

Cómpre lembrar que nas piscinas descubertas municipais, ademais de atender a demanda das persoas que asisten a ditas instalacións por lecer, tamén se realizan sesións de aquagym e ioga, de balde, durante o mes de xullo. As clases de ioga desenvólvense polas mañás, a partir das 10.00, con dúas sesións á semana dunha hora. Por outra parte, ás 16.00 horas, impártense clases de aquagym (os martes en Bertamiráns e os mércores no Milladoiro).

23 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.