Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Muros non descarta solicitar o distintivo Bandeira Verde

Recoñece as boas prácticas dos concellos // O prazo para concurrir remata o 30 de maio

A Xunta anima ao Concello de Muros a optar á Bandeira Verde de Galicia, un distintivo creado no ano 2020 co fin de recoñecer o esforzo dos municipios comprometidos coa paisaxe e o patrimonio natural, dous dos elementos máis representativos da Comunidade galega.

O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero, reuníronse fai uns días para abordar diversos asuntos de interese municipal relacionados coas competencias do departamento autonómico. Entre os temas que trataron cómpre subliñar a nova convocatoria da Bandeira Verde, que abriu o pasado 6 de abril e á que os concellos interesados aínda poden presentar as súas candidaturas ata o 30 de maio.

O director do IET convidou á rexedora de Muros a remitir a súa solicitude, incidindo en que o obxectivo co que a Consellería de Medio Ambiente impulsou hai xa tres anos este recoñecemento foi o de coidar e fortalecer a chamada Galicia verde, no marco da aposta do Goberno galego polo fermosismo. Ademais, salientou que se trata dun mérito computable aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.

Lembrar que na primeira edición da Bandeira Verde de Galicia resultaron galardoados o concello barbanzano de Porto do Son e tamén Moaña, que repetiron en 2021.

17 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.