Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Música en directo, ocio e gastronmía no San Xoán de Caldas

Os festexos inícianse mañá cunha andaina e finalizan o xoves, 24 // Non haberá fogueira ao non estar permitidas as cacharelas colectivas

Caldas de Reis volve celebrar o tradicional San Xoán, un festexo que sempre tivo moita importancia na Vila Termal. A pesar de que a crise sanitaria do coronavirus segue condicionado a vida social, o Concello, en colaboración coa Asociación da Hostalaría, presentou un programa cun cartel igualmente atractivo e deseñado para o desfrute de todos os públicos nunha das datas do ano máis máxicas, que non deixa de lado a seguridade da cidadanía.

Os festexos terán lugar os días 22, 23 e 24 de xuño coa música en directo, as actividades lúdico-deportivas e a gastronomía como protagonistas. Non haberá fogueira, ao non permitirse a celebración de cacharelas colectivas.

A presentación oficial do San Xoán tivo lugar nun acto no que participaron a concelleira de Cultura, María López Buceta, o concelleiro de Comercio, Jacobo Pérez, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Inés Fuentes.

Segundo explicaron, as actividades comezarán o martes, día 22 cunha andaina de recollida das herbas de San Xoán guiada polo divulgador e experto en herbáceas, Braulio Mondragón. A andaina sairá ás 18.00 horas da Praza do Camiño. Os días 23 e 24 iniciaranse co pasarrúas por parte do Grupo de Gaitas As Espiñas polas rúas da vila.

As actuacións do serán do mércores serán no Campo Torre a partir da 21.30 horas coa actuación en directo do grupo A Banda da Balbina. Na tarde do xoves seguirá a festa coa animación de rúa por parte do Grupo Tradicional dos Druídas. Ademais, ámbolos dous días, a sardiña será a protagonista no certame de tapas no que participan os bares e restaurantes da Asociación da Hostalaría.

SEGURIDADE Os concelleiros destacaron “a enorme satisfacción de poder celebrar un ano máis unha festa tan arraigada no noso Concello como é o San Xoán, a pesar das de que seguen moi presentes as limitacións sanitarias pola pandemia que”.

Así mesmo, os membros do goberno municipal sinalaron que “o programa de actividades é atractivo e adaptado ás circunstancias actuais, pensado para que o pobo de Caldas desfrute coma sempre do San Xoán”.

Indicar, por último Concello de Caldas de Reis agradeceu a colaboración da Asociación de Hostaleiros na organización do evento con quen se seguirá traballando estreitamente para que en anos próximos se poda seguir celebrando a noite meiga con máis forza ca nunca.

21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.