Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Negocios competitivos grazas a Galicia Inviste

O director do Igape achegouse ata Alfonsín Digital, en Ames, para pór en valor a importancia de impulsar ás pemes locais

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou en Bertamiráns as instalacións da empresa Alfonsín Digital, onde puxo en valor a importancia que teñen para a mellora competitiva das pemes locais programas como Galicia Inviste, que permiten afondar tanto na diversificación de proxectos como na aposta pola innovación de cara a mellorar a competitividade empresarial. Neste sentido, expuxo Guldrís, Alfonsín Digital “é un bo exemplo” das posibilidades que ofrecen esta e outras liñas impulsada pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do Igape. “Neste caso concreto, o programa permitiu a implementación da tecnoloxía HDR Dolby Vision, o que fai desta empresa especializada no sector audiovisual unhas das poucas que ofrece este sistema en España, e a única en Galicia”, subliñou.

Ata o de agora, segundo informou o director do Igape, este programa ten permitido mobilizar máis de 42 millóns de euros na provincia da Coruña, impulsando proxectos de mellora como a implantación de novos establecementos, a diversificación ou os cambios nos procesos de produción. Así, nesta provincia aprobáronse desde o 2018 e ata o de agora máis de 115 proxectos no marco do Galicia Inviste, que suman un importe conxunto superior aos 10,5 millóns de euros.

Sobre esta base, o director do Igape lembrou que o Galicia Inviste ofreceu o ano pasado, por primeira vez, a posibilidade de solicitar conxuntamente axudas e préstamos para o financiamento de proxectos, na procura de potenciar o mantemento e creación de emprego, a innovación e o impulso de novas iniciativas empresariais.

Neste marco, a liña promoveu durante o último exercicio tres grandes grupos de actuación: un centrado nos proxectos de investimento empresarial, outro que atendeu a iniciativas de mellora do sector de aloxamento, e o último que puxo o foco en investimentos en equipamento produtivo.

“Con iniciativas coma esta reforzamos o noso compromiso co tecido empresarial, en particular coas pequenas e medianas empresas e cos autónomos, na procura de facilitar o acceso a axudas e financiamento que precisan para realizar os seus investimentos e potenciar así a xeración de emprego, a innovación e a posta en marcha de proxectos empresariais”, resaltou Guldrís.

Precisamente no tocante á innovación, o director do Igape lembrou que nestes momentos está aberto o prazo de presentación de solicitudes para os obradoiros de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada, que promoven proxectos de colaboración cara aos retos principais da economía. Estes obradoiros acadan a 5ª convocatoria.

21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.