Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O dramaturgo José Luis Baños recolleu o premio Varela Buxán na Estrada

Gañou o galardón pola obra ‘Segunda morte’ // A concelleira Amalia Goldar foi a encargada de entregar o cheque e agasallos

O dramaturgo José Luis Baños de Cos recolleu o premio de textos teatraias Manuel Daniel Varela Buxán este mércores. Foi nun acto celebrado no concello de A Estrada, e que presidiu a concelleira de Educación, Amalia Goldar, que fixo entrega ao gañador dun cheque de 1.200 euros e unha bolsa cos libros que resultaron gañadores en anteriores edicións ou en outros premios literarios locais. José Luis Baños de Cos fíxose co gardón pola súa obra Segunda morte.

Durante o acto, a edil de Educación estivo acompañada do gañador do galardón, José Luis Baños de Cos; do presidente do xurado, Santiago Cortegoso; e do xerente da Escola Municipal de Artes Escénicas, Xosé Lueiro. Na súa intervención, Goldar destacou “o gran compromiso do Concello da Estrada coa actividade cultural e a escrita literaria” e referiuse aos sete premios que se convocan anualmente no municipio para promover a cultura en galego. Ademais, tamén avanzou que nas vindeiras semanas se coñecerán as obras gañadoras do premio de poesía Avelina Valladares e o de novela Manuel García Barros.

Pola súa banda, o gañador do premio, José Luis Baños de Cos, agradeceu esta iniciativa, e destacou a “importancia de que existan premios coma este e se manteñan no tempo” ante a complicada situación que atravesan os textos dramatúrxicos. O galardón inclúe a edición do texto gañador pola editorial Fervenza, que comezará a súa distribución por todas as librarías galegas en dous anos.

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.