Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O vello muíño do xalleiro loce renovado no Camiño Portugúes tralas obras de posta en valor

O traballo foi financiado polo goberno local e Turismo de Galicia no marco da liña de subvencións para embelecer a ruta

O muíño do xalleiro de Valga loce xa unha imaxe renovada unha vez rematadas as obras de posta en valor financiadas entre o Concello e Turismo de Galicia, que investiron un total de 19.960 euros a través dunha liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens situados no Camiño de Santiago.

Indicar que a supervivencia deste elemento de interese patrimonial, cultural e etnográfico estaba ameazada, xa que se atopaba en estado semirruinoso e a maleza cubría por completo a edificación. A pesar de estar emprazado ao pé do Camiño Portugués, en Chenlo, o muíño pasaba totalmente inadvertido para os peregrinos que transitan por esta ruta.

DETERIORO. Segundo explican os responsables municipais, para frear a imaxe de abandono e garantir a conservación deste ben patrimonial, o Concello de Valga promoveu un proxecto de restauración que incluíu a limpeza do entorno e a eliminación da maleza e hedras que cubrían dito muíño.

Ademade fíxose o encintado dos muros de pedra, colocouse o pavimento en lousa e pedra e púxose unha nova cuberta de madeira de castaño e de tella do país, suliñan.

Ademais procedeuse a limpar todo o conxunto cunha hidrolimpadora para retirar os musgos e liques que se foron acumulando co paso do tempo neste ben do patrimonio valgués e galego.

Finalmente, segundo as fontes, tamén se instalou un panel explicativo sobre este muíño hidráulico, tal e como comprobaron na súa visita á zona os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo.

08 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.