Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Museo Casa do Patrón invitate a visitar a consulta do antigo médico do rural

Estrea unha nova sala na que expoñe un despacho profesional, utensilios e aparellos, bótica, fotografías, paneis e biblioteca

O Museo Etnográfico Casa do Patrón, na parroquia de Doade, do municipio de Lalín, ven de estrear unha nova sala temática adicada a historia da medicina tradicional galega, e centrada na figura do médico rural e as boticas.

Deste xeito, según explica o responsable, Manuel Blanco, Casa do Patrón continua co proceso de ampliación e mellora das 14 salas de exposición coas que conta. “Agora queremos que os galegos visiten unha nova sala monotemática, situada no edificio 3, coa que rematamos a montaxe doutra fermosa colección museística, que ten por obxecto dar a coñecer un dos aspectos máis simbólicos da cultura popular: a evolución histórica da medicina tradicional e das boticas ao longo dos séculos, centrándonos dun xeito especial no papel fundamental desenvolvido por un dos persoeiros históricos máis importantes da nosa terra, o médico rural galego”, explica Blanco. Engade que se trata “dunha viaxe polas raíces e alicerces do xeito de ser, da cosmovisión e da identidade do pobo galego”.

Trátase dunha colección didáctica, orixinal e novidosa, incluida no gran Ecomuseo do mundo rural galego. Nesta nova sala os visitantes poderán apreciar e disfrutar cos diferentes obxectos expostos, que se complementan con paneis informativos, fotografías e imaxes, para abordar do xeito máis didáctico posible o mundo da medicina rural, Están agrupados nos seguintes bloques temáticos: Despacho profesional do médico rural galego; principais aparellos utilizados na medicina tradicional; pequena mostra dunha antiga botica rural; antigos utensilios utilizados na profesión de dentista; biblioteca médica histórica; farmacopea popular; fotografías e imaxes, e paneis informativos. Como soportes ex utilízanse vitrinas verticais pechadas, podiums ou bases, marcos, vitrinas e soportes de parede, fotografías e imaxes, varios paneis informativos e un díptico explicativo da colección que se mostra.

A exposición é apta para todos públicos e organizase sen barreiras arquitectónicas nin sensoriais. Trata os temas enumerados, mediante obxectos, instalacións, recreacións, imaxes, ilustracións, fotografías e actividades didácticas. A información recollida nos textos reforza a mensaxe dos bens expostos e das representacións gráficas, “estando escrita con rigor pero de forma sinxela e accesible para todos os públicos, fuxindo dos excesos da linguaxe académica ou científica”, explica o xerente do Museo.

Blanco insiste en que é todo un referente. “Referente pola súa didáctica, polos seus recursos expositivos, pola súa orixinalidade e tamén por ser un proxecto de base emanado da acción social dunha colectividade –a Asociación Etnográfica de Codeseda- a prol da valorización da nosa cultura e do noso patrimonio”.

29 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.