Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Plan Local de Saúde achega máis a Atención Primaria aos veciños de Muros e Carnota

O servizo incorpórase á rede de centros médicos que desenvolven a estratexia de planificación // Os próximos serán os de Ordes e Valga

O Servizo de Atención Primaria de Muros e Carnota incorpórase á rede de centros que desenvolven o Plan Local de Saúde, que foi presentado este luns no antigo centro médico de Muros, nun acto ó que asistiu a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez. Trátase do quinto centro da área en implantalo. Arestora xa está en marcha en Santa Comba, Teo, A Estrada e Silleda e continuarase con Ordes e Valga.

Os plans locais de saúde son proxectos estratéxicos e de xestión que recollen as radiografías da saúde da poboación de referencia e a planificación de toda acción e medidas concretas que poidan mellorar a calidade de vida do cidadán. Están elaborados polos profesionais de cada centro, os que máis e mellor coñecen as demandas de atención dos pacientes.

Todos os plans comparten uns principios básicos que afondan nunha atención integral e integradora, centrada na persoa, que potencia a visión familiar e comunitaria, que garante a accesibilidade, continuidade e coordinación nos coidados, que estea baseada na promoción, prevención e proactividade, e que permita novas asignacións entre os profesionais. Para lograr as accións relacionadas cos obxectivos do plan facilitarase a formación, docencia e investigación dos profesionais de Atención Primaria.

A xerencia adecuará os recursos dos centros para mellorar o nivel de saúde da cidadanía e ampliar a carteira de servizos, creando unha unidade específica para promover a saúde, compartida entre os servizos de Atención Primaria (nutricionista, psicólogo e técnico de Ciencias da Saúde e o Deporte).

13 feb 2023 / 18:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.