Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O proxecto ‘21 días en galego e +’ implicou a 4.500 persoas

O programa de dinamización lingüística 21 co galego e + implicou no desenvolvemento da súa quinta edición a máis de 4.500 personas. Así o confirmaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, que participaron este luns no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis na clausura da iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Nesta quinta edición o programa implicou a unha ducia de centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias.

O responsable de Política Lingüística destacou que esta quinta edición “foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora, pois alcanzou un 20 % máis de participación que a anterior, o cal revela un aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando ao alumnado que xa era galegofalante”.

Neste contexto, Valentín García quixo “agradecerlle a todo o profesorado, aos equipos de dinamización da lingua galega e ao estudantado implicado todo o agarimo posto no traballo realizado”.

No acto tamén participaron Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis; Fernando Pérez, deputado autonómico por Caldas de Reis; Pilar Ponte, coordinadora xeral do mencionado programa; e Juan Manuel Campos e Manuel Rosales, directores do CPI Plurilingüe Alfonso VII e do IES Aquis Celenis, respectivamente.

Coa clausura desta fase, o programa entra na súa terceira etapa, que incluirá por primeira vez o Primeiro Encontro 21 días co galego e +.

14 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.