Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O San Clemente de Caldas gaña o galardón de ouro nos premios #DigochoEu

Organizados por la CRTVG para achegar a lingua dunha forma dinámica, á súa primeira edición presentaronse 200 escolas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu este martes na Cidade da Cultura de Santiago á entrega da primeira edición dos Premios #DígochoEu organizados pola Corporación Radio e Televisión de Galicia, S. A. (CRTVG) e o espazo divulgativo en galego #DígochoEu, que ten como finalidade achegar a lingua galega dunha forma dinámica e entretida. O CEIP Plurilingüe San Clemente de Caldas de Reis alzouse co premio de ouro dotado con 2.000 euros e o IES Virxe do Mar de Noia fíxose coa prata.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que foi un dos membros do xurado, fixo fincapé na calidade das pezas elaboradas por parte dos centros, que se involucraron de cheo con esta nova proposta “coa que seguir traballando a prol da lingua galega dun xeito entretido e motivador para os máis novos”.

Xunto ao secretario xeral estiveron presentes Carlos Amado, un dos creadores do formato #DígochoEu, e Esther Estévez, presentadora deste programa, que conduciron o encontro. Tamén o actor galego Adrián Castiñeiros e a tiktoker colaboradora da TVG Laura Franco, ambos membros do xurado.

O concurso consistiu na elaboración e execución dun vídeo de arredor de un minuto pensado para emitir no espazo #DígochoEu da CRTVG, achegando así a lingua galega á xente nova e fomentando a súa colaboración e mais a dos centros educativos.

Nesta edición participaron máis de 200 escolas de Primaria e Secundaria, entre os que se seleccionaron 10 propostas coas que a CRTVG gravou un programa de #DígochoEu. Estes centros finalistas foron o IES San Rosendo (Mondoñedo), o IES Pino Manso (O Porriño), o IES Pedra da Auga (Ponteareas), o IES Virxe do Mar (Noia), o IES Félix Muriel (Rianxo), o CEIP Francisco Vales Vilamarín (Betanzos), o CEIP San Clemente de César (Caldas), o CEIP Antonio Fernández López (Sarria), o IES Rego de Trabe (Culleredo) e o IES Número 1 (O Carballiño).

SELECCIÓN. Destes 10 seleccionados, o CEIP Plurilingüe San Clemente (Caldas) recibiu o premio #DígochoEu de ouro, de 2.000 euros. O premio de prata, de 1.000 €, foi para o IES Virxe do Mar (Noia); e o de bronce, con 500 €, para o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López (Sarria). Ademais, incluíuse tamén un cuarto premio especial do xurado, que gañou o IES Basanta Silva (Vilalba), de 200 € e a publicación do vídeo como un episodio máis do #DígochoEu. Para rematar, o grupo galego de rock Monoulious DOP encheu de música o encontro.

15 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.