Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A resaca de Muxía deixou o entorno da igrexa cheo de gran cantidade de lixo // Papeis e botellas de plástico acabarán no mar por culpa dos incívicos TEXTO M. B.

O santuario da Barca: do gran esplendor da festa ó inferno da sucidade

O incivismo xa non é noticia. A mala educación está instaurada nesta sociedade á que se lle aplica moitas veces o calificativo de avanzada. Pero a realidade é outra ben distinta.

Nesta fin de semana Muxía desfrutou da súa festa grande. O entorno do santuario da Virxe da Barca vestiu ás suas mellores galas para recibir a milleiros de visitantes.

Como era de esperar, a cita foi todo un éxito de participación, o que deixa ben á vista a fe que desperta a santa en toda Galicia, xa que os devotos chegaron de puntos dispersos das catro provincias.

O día da festa foi todo un éxito, pero da resaca que deixou non se pode dicir o mesmo. Pasear este luns polo entorno do santuario era toda unha aventura, porque había que canear os residuos ciscados polo chan.

Os visitantes do día anterior deixaron esparcido lixo de todo tipo, sobre todo papeis e botellas de plástico que con toda seguridade irán parar ó mar. O curioso é que calquera curruncho valía para esconder o lixo e ocos de todo tipo nos muros da contorna eran ocupados por bolsas cheas de residuos. É como quen barre para debaixo da alfombra, que cre que por esconder a sucidade non comete ningunha porcallada.

13 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.