Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O ente provincial duplicou este ano o orzamento das subvencións pasando de un millón a máis de dous // O programa está destinado a sufragar parte das cotas da Seguridade Social // En Área foron atendidas 630 solicitudes TEXTO Marta Torres

Ordes e Teo lideran as axudas a autónomos da Deputación

A Deputación da Coruña publicou o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión das axudas da liña PEL-Autónom@s do Plan de Emprego Local, que ten por obxecto sufragar parte das cotas da Seguridade Social durante o ano 2022 de persoas autónomas naqueles meses que xa non perciban outras axudas, bonificacións, nin reducións. O presidente da Deputación, Valentín González, destacou que ao abeiro deste programa, “un total de 878 traballadores autónomos recibirán entre 1.200 e 2.400 euros para axudarlles no pago de cotas á Seguridade Social, cun investimento global de 2.032.600 €, que supón duplicar o millón de euros consignado inicialmente neste programa”.

A liña PEL-Autónom@s, dotada inicialmente cun millón de euros, foi suplementada de tal xeito que se puidesen conceder axudas a todas as persoas autónomas solicitantes que cumprisen os requisitos establecidos nas bases reguladoras, como ter o seu domicilio fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes e contar con menos de cinco anos de antigüidade na actividade empresarial. Ademais, establécese tamén como requisito que a persoa beneficiaria solicite un mínimo de seis mensualidades de cotas sociais correspondentes ao ano 2022.

Esta liña de apoio a autónomos é unha das que integran o PEL, unha aposta transversal do Goberno da Deputación á que se destinaron máis de 100 millóns de euros nos últimos seis anos a través de diferentes axudas para contratar persoal, impulsar o emprendemento, apoiar o desenvolvemento dos pequenos negocios e apoiar tamén aos traballadores autónomos.

En canto ás características dos beneficiarios das axudas, resulta destacable que o 47,71 % das persoas desenvolven actividades económicas que foron especialmente afectadas pola pandemia da covid. Así, obsérvase que 245 autónomos beneficiarios dedícanse á actividade comercio, restauración e hospedaxe (o que representa case o 28 por cento do total de axudas concedidas).

Pola súa banda, un 18 % das solicitudes concedidas pertencen actividades económicas enmarcadas dentro dos sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial para Galicia, dos cales 129 persoas dedícanse á actividade agrícola, gandeira, forestal e pesca.

En canto á distribución das axudas por concellos onde se localiza o domicilio fiscal das persoas autónomas beneficiarias, cabe destacar que a meirande parte proveñen de Sada, con 38 por importe de 89.600 euros, e Ordes con 34 solicitudes por importe de 78.400 euros, seguidas de Teo, con 31 solicitudes concedidas que supoñen 69.200 euros.

Atendendo á distribución por comarcas, a de Santiago é a que conta cun maior número de peticións concedidas con 277, o que supón 640.600 € en axudas, seguida da comarca de Bergantiños, cun total de 165 solicitudes validadas por un importe de 379.200 €. Entre ambos territorios concéntranse o 50 por cento do total das outorgadas.

A estas comarcas séguenlles a da Coruña, con 158 solicitudes por importe de 365.200 euros, e a de Ferrol con 155 e un importe de 358.200 €. As restantes, pertencen á zona de Barbanza, con 123 solicitudes e un montante en axudas de 289.400 €.

O protagonista
“Un colectivo clave na economía”
Valentín González Formoso
Presidente da Deputación da Coruña

Valentín González explicou que “o colectivo dos autónomos, ao que pertencen máis de 200.000 persoas en Galicia, ten unha importancia clave na economía e na creación de emprego en Galicia. Por iso decidimos crear esta liña de axudas que agora ampliamos para intentar que cheguen a todas as solicitudes, xa que se trata dunha das liñas con maior demanda do PEL”. Pode consultarse a listaxe completa das axudas concedidas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do mércores 21 de setembro.

Grazas a este investimento sen precedentes na área de emprego, nos seis anos transcorridos desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear 4.500 empregos, apoiou a 3.500 empresas e creou unha rede de provincial de espazos de coworking que xa conta con once centros en funcionamento na provincia da Coruña.

{ blanco o negro }
Numerosas dificultades
Marta Torres

Todos tenemos cerca un autónomo. Una madre, un hermano, un amigo o una hija que, al igual que nos cuentan sus logros laborales, también todas las trabas a las que tienen que hacer frente cada mes. Unos problemas que surgen desde el minuto uno con la financiación, pues al emprendedor no lo respalda una empresa, por lo que aunque su proyecto sea bueno, siempre va a encontrar dificultades. A ello se ha sumado una pandemia que ha roto todos los esquemas y, aunque el año 2021 prometía ser el de la recuperación, muchas de las heridas causadas por la covid todavía siguen abiertas, siendo la situación de muchos autónomos complicada. Por eso cobran, si cabe, más importancia estas ayudas. Llegan para aliviar.

26 sep 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.