Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O concello de Ames non conta cun refuxio de seu que dé cabida aos animais que son abandonados // As mascotas que se recollen trasládanse a unha protectora en Cambados // Búscase crear un xunto co Consitorio de Negreira TEXTO Pedro Brea

Os cans mailos gatos amesáns rabean por un refuxio propio

Din que o can é o mellor amigo do home, pero en moitas ocasións o home non o é do can. Vivimos nunha sociedade na que de media o 40% da poboación ten, polo menos, un animal de compañía. Así pois, en España, están contabilizadas máis de 22 millóns de mascotas, das cales hai 6.733.097 millóns de cans e 3.795.139 gatos, aos que lles hai que sumar os 8.619.298 de peixes, os 6.991.027 de paxaros, o 1.489.827 de pequenos mamíferos e o 1.240.570 de reptiles, sendo estos unha pequena parte dos que a Anfaac contabiliza. (Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Animales de Compañía). No marco europeo e de acordo cos datos publicado pola Fediaf ( European Pet Food Industry Federation) no seu resumo anual de 2019, o 38% dos fogares en Europa ten polo menos mascota. Unha cifra que supón uns 85 millóns de familias do vello continente. Aproximadamente, 195 millóns de persoas, o que representa máis de 4 veces a poboación española.

galicia. No caso da nosa autonomía e según datos do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) hai 470.468 cans. Cifra que crece exponencialmente ano tras ano, á par que os abandonos, xa que no ano 2019 se rexistraron 23.400, o que supuxo un aumento dos mesmos nun 23.17%.

Unha vez presentados estes datos non fai falta pór en relevancia a importancia que poseen os refuxios ou protectoras que acollen ás mascotas que son abandonadas polos seus donos, dándolle unha nova oportunidade e coidándoas mentres non atopan unha nova familia. Deste xeito, non se entende que na actualidadeexistan concellos que non conten con este tipo de servizos de atención animal dun xeito totalmente gratuíto. Un exemplo desto é, por exemplo, o concello de Ames, xa que o termo municipal non conta con ningunha instalación de este tipo, pese a ter preto de 14.000 mil habitantes.

AMES. O proceso que se segue neste concello é o seguinte: os animais que se recollen son trasladados até unha protectora na vila de Cambados, a única que se presentou ao concurso e cuxa maior vantaxe é que os animais non son sacrificados pese a que non sexan adoptados pasado un tempo determinado.

A idea da creación dun refuxio leva moito tempo sobre a mesa, ademais foi unha das primeiras cousas que o alcalde amesá, Blas García, dixo nada máis chegar ao poder. Así é que propuxo a creación dun fogar animal creado en colaboración co Concello de Negreira para, deste xeito repartir os gastos e poder acoller ao maior número de animais posibles. Proxecto que podería funcionar coma un piloto que, de sair ben, podería instaurarse como un plan a nivel de toda a comarca. Esto foi trasladado á Xunta de Galicia, nunha visita que fixo a conselleira de Medioambiente ao concello amesá, na que se propuxo por parte do goberno amesán o estudo de creación de canceiras comarcais ou supramunicipais. No caso de levarse a cabo suporía un gran avance para a comarca e, sobre todo, para os animais que son abandonados pola insolidariedade duns donos egoístas e crueis que esqueceron o que é o amor.

06 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.