Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os escolares de Boiro pásanlle revista ó esteiro do río Coroño

Tras o Praia Xardín participarán os demais colexios nas catro actividades // Fan medicións, identifican as especies de flora e fauna e visitan os muíños de Goiáns

O Concello de Boiro puxo en marcha unha actividade cos centros de ensino para que os estudantes coñezan a contorna do río Coroño. O edil de Medio Ambiente, Raúl Treus, asistiu este xoves ás primeiras actividades cos alumnos do CEIP Praia Xardín.

A actividade ten como obxectivo a análise, a través de distintos experimentos, do esteiro e do río Coroño para descubrir o seu medio físico e as propiedades da vida que se alberga nel, así como coñecer a flora e a fauna que forma este ecosistema de marisma e as súas curiosidades, como os muíños de Ponte Goiáns.

O circuíto componse de catro actividades distintas, polas que o alumnado vai pasando de forma rotatoria. Unha delas é a ciencia do esteiro do río Coroño, na que realizaron medicións para descubrir o medio físico e as características do ecosistema. Unha segunda parte é sobre os seres que habitan o esteiro, unha gymkana ca que os chavales deben resolver os enigmas e pasar unha serie de probas para coñecer as especies máis frecuentes e curiosas.

A terceira parte consiste nun traballo de investigación para identificar a fauna que vive no río e que se van atopando, para extraer conclusións sobre o estado de saúde do cauce. A cuarta e última é nunha visita ós muíños de Ponte Goiáns para coñecer o seu funcionamento.

Nas vindeiras semanas participarán nesta iniciativa municipal os alumnos e alumnas dos demais centros de ensino de Boiro.

21 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.