Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
21 grupos galegos poñen a música nas prazas e teatros da vila coa celebración desta segunda edición dun festival enmarcado no Xacobeo 2021/22

Os estradenses bailan en O Son dos Arrieiros

Os estradenses e os visitantes estes días da villa pontevedresa móvense ao ritmo da música do festival O Son dos Arrieiros, con concertos gratuítos de 21 grupos galegos. A Banda da Loba abriu o venres o certame coa presentacion no Teatro Principal do seu novo disco, Xabón Lagarta, nunha das poucas actuación que se celebran a cuberto. Sleepy Spice, Berto e C. Mirazo pusexon o broche a primeira xornada do festival na Praza da Feira.

O día grande foi este sábado, coa celebración doutros quince concertos e a actuación no Novo Mercado da gaiteira Susana Seivane.

Na xornada sabatina sucedéronse as actuacións desde a mañá, xa que as 12.00 foi o turno de Mundo Prestigio e The Rapants (14.00 horas) no escenario da Praza da Feira. Pola tarde actuaron María Grep, Youcanthide e Grima no mesmo escenario no Campo da Festa. A música puxérona pola mañá Treintañeras cañeras e Catuxa Salom e xa na tardiña actuaron Allova e Copa Turbo. Un concerto do grupo Néboa no Teatro Principal abriu a sesión de noite. Despois, xa no exterior, actuou Thee Blind Crows no Campo da Feira; Ortiga na Praza da Feira e no mismo escenario Señora Dj.

O domingo será o derradeiro día do festival e contará cunha sesión vermú na Praza da Feira coa actuación do grupo Grande Amore, ás 12.30 e Kris K DJ, ás 13.30 horas.

A segunda edición do festival O Son dos Arrieiros, enmarcado dentro da programación do Xacobeo 21-22, levou ata A Estrada a milleiros de visitantes, que aproveitan, tamén, para coñecer as últimas novedades en mobiliario e fogar na Feira do Moble de Galicia.

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.