Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os tecores láianse da falta de axudas da Deputación

O popular Evaristo Ben defende o seu labor de conservación e prevención no monte e a actividade económica que xeneran

O grupo do Partido Popular na provincia da Coruña trasladou no pleno celebrado esta semana, a través do seu viceportavoz, Evaristo Ben, o malestar que existe entre os representantes dos terreos cinexeticamente ordenados (tecores), en concreto, as queixas expostas polo presidente de Aproca Noroeste, José Luis García Bello, despois de que a institución provincial negase a maioría das subvencións solicitadas por estas asociacións para o financiamento das súas actividades no presente ano 2021.

Durante a súa intervención, Ben denunciou que os representantes dos tecores descoñecen os criterios de baremación da convocatoria deste ano e a puntuación concreta lograda por cada solicitante. Ademais, segundo dixo o deputado provincial popular, o período para presentar alegacións á resolución pasou de dez a cinco días. “Teñen que facer fronte ao feito de que, pola súa actividade, non poden aspirar a unha serie de puntos que se outorgan na convocatoria e que son fundamentais para lograr estas subvencións, e non poden lograr os criterios económicos que se lles pide”, lamentou ao respecto Evaristo Ben.

Por todo isto, tal e como explicou o viceportavoz popular, estas entidades están a soportar un desequilibrio importante nos seus orzamentos que pon en serio risco o seu futuro. “Igual que a Deputación outorga nominativas a moitas asociacións para poder sobrevivir, creo que neste caso habería facer os mesmo”, demandou Ben, quen lembrou que os tecores realizan un labor “moi importante” de conservación e de prevención no monte e xeran unha “notable” actividade económica na provincia.

De feito, o traballo de moitos tecores é fundamental na loita contra os incendios forestais, xa que manteñen o monte limpo. Precisamente os concellos limítrofes coa comarca santiaguesa contan cun gran número de tecores afogados agora pola falta de sensibilidade da Deputación coruñesa, que non é máis que unha continuación das numerosas denuncias ás que teñen que facer fronte cando os xabaríns destrozan cultivos.

Finalmente, Ben aproveitou para incidir en que sería “moi preocupante” que a non concesión destas axudas se debese única e exclusivamente a unha cuestión ideolóxica contra a caza, á vez que destacou a necesidade de cambiar as bases de cara á convocatoria do próximo ano.

comarcas@elcorreogallego.es

29 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.