Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes abriu a cita co cinema documental

Este sábado celebrouse en Outes a primeira xornada da V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, organizada polo Concello e patrocinada pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Comprometida co medio mariño e o sector pesqueiro, procurando xerar conciencia sobre a necesidade de coidar o mar como un dos recursos naturais máis valiosos que temos, a Mostra é patrocinadora do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais 2022, promovido pola FAO e liderado en España polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Asemade, é asinante do Pacto Cultura Sustentable, comprometido coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Nesta primeira xornada tivo lugar a gravación e retransmisión dixital dende o Náutico do Freixo dun especial do programa da Radio Galega Mar de Ardora, centrado no mundo do mar. Presentado e dirixido por Xusto López Carril, contou coa participación do alcalde, Manuel González; Marcos Gallego (director da Mostra); Marisol Amado (presidenta da Agrupación de Mariscadores a Pé da Confraría San Bartolomé de Noia); Xisela Franco (cineasta); e Ramón Collazo (presidente de Agalcari).

A inauguración oficial tivo lugar na casa da cultura de Outes da man do director da Mostra, Marcos Gallego; do alcalde e do deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto.

Despois proxectouse o filme inaugural desta edición, Luzzu, de Alex Camilleri, unha obra de ficción que documenta as dificultades dun pescador maltés por manter o seu medio de vida e tradición familiar. Do mesmo xeito, inaugurouse unha exposición fotográfica que conmemora o Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais 2022. As obras expostas están cedidas polo fondo fotográfico da FAO.

Finalmente, proxectouse a obra From the Wild Sea, da directora danesa Robin Petré. Trátase do primeiro filme da sección Proa, que este ano porá o foco no impacto humano sobre a fauna mariña.

delegnoia@elcorreogallego.es

31 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.