Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes licita obras en vías e infraestruturas por 370.000 euros

O Concello de Outes licitou varias actuacións correspondentes ao POS+2022 da Deputación por un importe de 370.000 € para acometer melloras en varios núcleos rurais, humanizacións na capital municipal e mantemento de infraestruturas deportivas.

En canto ás melloras no rural, actuarase nas parroquias de Valadares, Entíns e Tarás. Ditas actuacións levaranse a cabo no lugar de Crespos, onde se reservan máis de 60.000 € para pavimentación de interiores, así como no camiño de Entíns a Fontenlos e no núcleo de Tarás.

Por outra banda, o goberno dirixido por Manolo González continúa co seu plan de humanización das principais rúas da capital do concello, acometendo desta volta unha actuación de mellora da rúa Doutor Esperante, na que se invisten máis de 150.000 €.

No que se refire ás obras de mantemento de infraestruturas, entre as obras previstas tamén se atopa a mellora do pavillón deportivo da Serra de Outes, que precisa unha reforma da cuberta así como o adecentamento da contorna da pista deportiva. Tamén se levará a cabo unha actuación nos piares da ponte sobre o río Tins en San Lourenzo, “que se atopan en mal estado”, segundo González.

O alcalde agarda licitar nas vindeiras semanas o resto de actuacións do POS+2022, onde se inclúen pavimentacións nas parroquias de Outes, San Cosme, San Ourente, O Freixo e Serra de Outes, por un importe de 300.000 €.

delegnoia@elcorreogallego.es

16 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.