Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A concellería de Turismo publicou o documento no que se mostra a importancia da vila na tradición xacobea // Na presentación participaron o alcalde, Antonio Fernández, o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a comisaria Cecilia Pereira TEXTO J. S.

Padrón difunde nun libro o forte vínculo co auxe da peregrinación

O pasado xoves 13 de xaneiro o auditorio acolleu a presentación do libro Padrón Xacobeo 21-22. A obra, editada pola concellaría de Turismo, recolle máis de 30 artigos con textos e fotografías aportados polos veciños nos que se plama o forte vínculo de Padrón co nacemento e o auxe da peregrinación para visitar o sepulcro de Santiago o Maior.

“Padrón é o berce do fenómeno Xacobeo e dos Camiños de Santiago, e unha visita obrigada para quen queira coñecer a historia de Santiago en Galicia”, asegurou o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, durante a presentación do libro. No mesmo senso se pronunciou a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, ao asegurar que “o Camiño de Santiago non pode entenderse sen Padrón e a lenda da traslatio, xa que o Apóstolo Santiago estivo aquí de vivo, predicando no monte Santiaguiño, e de morto”.

Antonio Fernández, o alcalde de Padrón, subliñou que o muncipio é un lugar que todas as persoas que emprenden o Camiño coa idea de honraro ao Apóstolo deberían visitar. Engadíu que recentes descubrimentos asqueolóxicos constatarían que, de feito, foi o primeiro porto ao que chegou o seu cadáver procedente de Palestina. O alcalde lembrou que a igrexa padronesa de Santiago conserva o miliario ao que amarraron a barca os dous discípulos que trouxeron ao Apóstolo e que o fen se iniciou no século IX cando o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, deu a coñecer o descubrimento da súa tumba.

O rexedor sostivo que a localidade pode atraer a todo de persoas, non só por motivos históricos e relixiosos, e convidou aos visitantes a obeter a Pedronía, unha certificación que dá conta da tradición medieval de continuar ata a capital do Sar logo de chegar a Compostela. “Non debemos esquecer que a mitoloxía xacobea vai acompañada na nosa vila dun máis que meritorio patrimonio monumental, natural e inmaterial”, manifestou.

Cecilia Pereira e Xesús Palmou, quen foi distinguido como Peregrino de Honra polo Concello de Padrón en xullo de 2021, acompañaron ao alcalde no acto de presentación. “Xa que a nosa idea cando instauramos estes galardóns en 2017 era que os seus posuidores exerceran como embaixadores de Padrón durante un ano, podemos dicir que o presidente da Academia Xacobea está agora en plena posesión do cargo. Cónstanos que o exerce moito e ben. É un gran orgullo para nós neste dobre ano xacobeo no que tantas esperanzas temos depositadas”, concluíu Antonio Fernández.

Pola súa parte, a comisaria do Xacobeo indicou que o libro corrobora a “relevancia histórica do municipio” e resaltou que en Padrón converxen tres itinerarios a Santiago: o Camiño Portugués, o Camiño Portugués pola costa e a Ruta Marítima Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, antes de continuar cara a Catedral.

“Padrón é berce do fenómeno xacobeo e unha visita obrigada para quen queira coñecer a historia de Santiago en Galicia”, manifestou Xesús Palmou. Ademáis, recordou que Iria Flavia precedeu a Compostela como sede episcopal ata o achádego dos restos do Apóstolo, tal e como se recolle no Códice Calixtino. Por último, o presidente da Academia Xacobea resaltou que a Comisión Europea destaca a importancia do Camiño de Santiago como unha ruta histórica de máis de mil anos que favorece o diálogo e a concordia en Europa.

A presentación do libro pechouse coa actuación do actor Suso Martínez, caracterizado como Atanasio, un dos dous discípulos que trouxeron a Galicia o corpo do Apóstolo.

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.