Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Padrón renovou con Ategal o convenio para formar adultos

O alcalde e o presidente da entidade firmaron o novo acordo de colaboración das Aulas Senior

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos-Aulas Sénior de Galicia (Ategal), Ángel Fagilde Trabada, veñen de asinar este mércores o convenio de colaboración entre ambas entidades para o desenvolvemento das actividades e programa das Aulas Sénior de Padrón para o presente curso lectivo 2022-23.

En virtude deste convenio, o goberno padronés achegará unha contía de 6.300 euros para o desenvolvemento das actividades das Aulas Sénior de Padrón, a cesión das instalacións onde ten lugar a súa actividade (locais do centro social e os pavillóns de deportes municipais) e o persoal necesario para algunhas das iniciativas e cursos que se celebran na entidade.

Pola súa banda, Ategal comprométese a levar a cabo dende o 17 de outubro de 2022 ata o 31 de xullo de 2023 a ampla oferta lúdico-formativa e de saúde programada neste curso tanto na vila como nas parroquias de Carcacía, Extramundi e no núcleo de Angueira de Suso (A Escravitude), destinadas ao colectivo de maiores de 50 anos, así como o desenvolvemento das clases e das accións puntuais ao longo do curso lectivo, como o programa Sumando calidade á vida que comezou o pasado 4 de novembro e que se fará todos os venres ata o 16 de decembro. Todos os cursos e as actividades de Ategal que se desenvolven en Padrón realízaas a entidade co apoio do Concello.

Na sinatura do convenio de colaboración tamén estiveron presentes a concelleira da Terceira Idade, Lorena Couso; a vicepresidenta de Ategal-Aulas Sénior de Galicia, Paula Sande, e a directora de Ategal-Aulas Sénior de Padrón, Cruz Taboada.

MÁiS APORTACIóN. .Antonio Fernández subliña que o goberno que preside duplicou este ano a aportación anual a Ategal, consciente do incremento da demanda que están a ter as actividades das Aulas Sénior de Padrón entre o colectivo de persoas maiores de 50 anos. “Este ano facemos unha achega de 6.300 euros, fronte aos 3.000 euros doutras anualidades”, manifesta o alcalde.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.