Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Participarán 22 locais no Mercado da Estrada

A ESTRADA. A terceira edición do Mercado de Verán da Estrada celebrarase na praza do concello e na alameda municipal dende o 19 ata o 21 de agosto e contará coa participación de 22 comercios estradenses. Así o indicou durante a presentación o edil de Comercio, Óscar Durán, que estivo acompañado de varios representantes da Asociación de Comerciantes da Estrada (Acoe). Os postos de venda permanecerán abertos durante as tres xornadas de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Neles poderanse atopar produtos de todo tipo e a entrada será de balde. Ademais, aquelas persoas que fagan unha compra de 20 euros poderán participar nunha ruleta con premios como degustacións ou vales de compra por valor de 6.000 euros en total para gastar entre os establecementos participantes. Como novidade, este ano haberá un parque infantil con inchables para os máis cativos ubicado na alameda municipal, nun recinto pechado e baixo a supervisión de monitores. Os días nos que se desenvolverá o mercado haberá actuacións para todos os públicos. As actividades comezan o 19 coa actuación musical de Os Lóstregos. Estarán tamén ese día Os Bolechas pola tarde e o grupo Supermirafiori. O sábado 20 actuarán Os Intrépidos do Ulla e Skanderani. Xa o domingo continuarán a música e tamén hai un obradoiro. c.g.

09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.