Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pasan á final do debate mozos de Negreira, de Pontevedra e do Milladoiro

Uniranse para o podio pontevedrés do mes de maio aos alumnos de Dodro, Cedeira e Ames

Negreira. O Club de Debate xa ten finalistas para a proba definitiva, que se celebrará o vindeiro mes en Pontevedra. Así, na clasificatoria deste mércores impúxose o IES pontevedrés Sánchez Cantón, seguido de Peripatéticos (IES de Negreira) e 1, 2, 3 do IES do Milladoiro. Na xornada anterior, que tamén tivo como marco o auditorio de Negreira, gañaron os alumnos do IES Candieira de Cedeira; segundos foron Xente que fala, do IES do Milladoiro, e terceiros, os mozos do CPI Lorenzo Baleirón de Dodro.

Nesta edición colaboran na organización do Club de Debate sete concellos, con tres grupos do IES do Milladoiro, dous do IES de Ames, outros tres grupos dos IES Punta Candieira (Cedeira), CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e IES de Cacheiras (Teo) e tres máis polo IES Xulián Magariños (Negreira); o Colexio Sagrado Corazón de Praceres e o IES Sánchez Cantón (Pontevedra). O tema a confrontar é a liberdade individual fronte á colectiva.

En total, participarán once equipos mixtos, formados por rapazada de 1º de Bacharelato e de 3º e 4º da ESO de oito centros de ensino distintos. Neste senso, Ames é o concello cun maior número de conxuntos participantes, cun total de cinco equipos.

Ademais de pasar cada día á fase final tres equipos, os dous primeiros grupos que obteñan unha maior puntuación recibirán un premio de 500 e 300 €. Pola súa banda, o equipo que quede en terceira posición tamén pasará á final, pero non disporá de premio en metálico. M. Outeiro

07 abr 2022 / 12:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.