Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Penitentes, nenos e a Porta do Perdón son o reclamo da Semana Santa de Fisterra

A Xunta de Confrarías deu a coñecer este domingo o cartel promocional na igrexa de Santa María das Areas

Fisterra. A Xunta de Confrarías de Fisterra presentou este domingo o cartel da Semana Santa 2022, no que o protagonimo é compartido por portadores, penitentes, nenos e a porta do perdón da igrexa parroquial de Santa María das Areas.

Aparecen representadas as cinco confrarías e irmandades que dan vida ás celebracións relixiosas. A do Divino Nazareno e Santo Sepulcro polo cartel de INRI e a coroa de espiños; a de Nosa Señora das Dores polo corazón cas sete espadas que a Virxe leva no seu peito; a de San Xoán polos libros do Evanxeo; a irmandade da Santa Cruz co Santo Sudario, e a Confraría da Verónica co paño co cal a Santa Verónica limpa o rostro a Xesús Nazareno.

Outros dos protagonistas do cartel promocional son os rapaces que forman parte das confrarías e son o futuro da Semana Santa de Fisterra. Na vila do Cristo “pertenecer a unha confraría dende pequeno é algo que pasa de xeración en xeración”, afirman dende a xunta.

O terceiro elemento, e o máis importante, afirman, “é que este cartel encadrase na fachada da igrexa de Santa María das Areas onde está a Porta Santa, a Porta do Perdón”. Lembran que só hai catro portas do perdón no Camiño de Santiago, e unha delas é a de Fisterra, “que xa era lugar de peregrinación antes da cristianización, sendo o final do Camiño das Estrelas”, engaden. Ademais, este ano, que é Xacobeo, “non podía faltar a de Fisterra”, afirman.

Polo que respecta aos actos mantéñense fieis á tradición. Entre as novidades, sinalar que o Santo Encontro retrásase ás 12.00 horas e que o Santísimo estará exposto na igrexa dende o Xoves Santo ata o Venres Santo. Ademais, ao mediodía e o sábado pola mañá farase un acto de Adoración ao Santo Sepulcro e aos Sete dores de Santa María. J. M. R.

21 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.