Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Abelleira tamén se atopa na listaxe do blog dixital ‘El viaje de Sofi’ pola súa praia de area fina e auga cristalina e limpa // A igrexa parroquial de San Pedro e a Ponte Vella encóntranse entre os principais lugares de interese TEXTO Javier Salutregui

Ponte Maceira e Muros no top 10 dos pobos galegos que visitar

Según o Instituto Nacional de Estadística, a día de hoxe existen un total de 313 municipios en Galica. En canto a pobos, é sumamente difícil saber o número exacto, pois só na provincia de Pontevedra hai máis de 8.000 entidades de poboación, e o resto de provincias galegas tampouco se quedan atrás. Con todo, El viaje de Sofi, un blog dixital de viaxes e recomendacións turísticas aceptou ese desafío.

A páxina foi creada por Mónica Ferreiro e Miguel Ángel Santamarina e conta cun bo número de visitas. No ano 2018 superou o millón, aínda que orixinalmente o blog, como especifica na súa web, estaba orientado a un público feminino.

O primeiro pobo galego que aparece no top 10 é Ponte Maceira (entre Ames e Negreira), o cal tamén se atopa en listaxes sobre os pobos máis bonitos de España. Está a 20 minutos de Santiago e conta cunha poboación de 73 habitantes, pero iso non impide que reciba un bo número de turistas e peregrinos, xa que pasa o Camiño de Santiago a Finisterre-Muxía. Por Ponte Maceira pasa o río Tambre, un dos máis importantes na rede hidrográfica de Galicia, e nun espazo moi reducido reune diversos elementos de interese, como un cruceiro, vivendas de arquitectura popular, muíños e o Pazo de Baladrón.

O máis destacado é a Ponte Vella, unha ponte medieval que en 1471 foi testemuña da batalla entre as tropas da mitra compostelá e as do conde de Altamira. Respecto á súa arquitectura, destacan os sete arcos sobre pilares cun central de forma oxival. No blog recomendan baixar á zona do río para ver máis preto as fervenzas e ver a pequena ermida de San Brais. O único punto negativo que sinalan é a escaseza de cafeterías, supermercados e outros servizos.

Muros. O municipio atópase a 60 quilómetros de Santiago de Compostela, sobre 1 hora de camiño en coche, e conta con case 9.000 habitantes. Dende a páxina precisan que, aínda que a zona dos soportales frente á ría ten moito encanto, o máis bonito é a segunda línea. En concreto as rúas empedradas, as casas dos mariñeiros edificadas sobre soportales e as prazas, adornadas con cruceiros ou capelas. A igrexa parroquial San Pedro de Muros, de estilo barroco, foi construída no século XVII, aínda que a obra primitiva pertencía ao século X.

Remarcan que tanto as casas como as rúas están limpas e moi coidadas, e mestúranse as fachadas decoradas con motivos mariñeiros coas de pedra, mentres que outras están pintadas con cores chamativos. Ademáis, Muros dispón de todo tipo de servizos dende restaurantes para tapear ou comer hasta supermercados, cafeterías, tendas e aloxamento.

Abelleira. Dende El viaje de Sofi sinalan que o pobo, de pouco máis de 90 habitantes, non sae nos mapas turísticos da zona nin ten nada demasiado destacable, pois é un pobo galego máis construído a pé de carreteira, pero é boa idea realizar unha pequena parada para contemplar a beleza desa parte da ría de Muros e Noia. É un lugar moi tranquilo e conta cunha praia que, ao atoparse bastante resgardada, ten a area fina e a auga transparente e moi limpa.

Outros pobos situados no ranking son Combarro, polos seus hórreos situados á beira da ría de Pontevedra; Mondoñedo pola súa catedral e a famosa Praia das Catedrais; O Barqueiro, a cabalo entre A Coruña e Lugo; Cambados grazas aos seus pazos, en especial o de Ferfiñans; e Allaríz, na provincia de Ourense, xa que parte do urbanismo débese ao rei Afonso X o Sabio. Por último atópanse Castro Caldelas, polo castelo dos Condes de Lemos; e Tui, un pobo que fai fronteira con Portural.

07 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.