Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Poría máis liñas e horarios nos autobuses”

Maite Silva, bióloga

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro que faría é mellorar a periodicidade dos autobuses cara Santiago. Estaría ben que houbese máis liñas e máis horarios, especialmente ata máis tarde. Os meus fillos úsano, e sobre todo nos festivos e nas fins de semana teñen poucas combinacións. Segundo, trataría de recuperar o bus nocturno que tíñamos hai anos porque se volven en autobús sempre estás moito máis tranquila. Evitan ter que conducir, o que dá seguridade porque sempre soen beber algo. Terceiro, tamén faría algunha senda máis para camiñar porque é moito máis agradable pasear por zonas verdes que facelo por asfalto.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é que é un sitio moi tranquilo e bonito. Ademais aquí xa tes todos os servizos. O certo é que estamos ben surtidos de todo e non boto en falta moita tenda. Sempre me apaño ben co que temos. É un lugar moi agradable para vivir, eu o certo é que estou moi contenta a verdade.

E o que peor leva?

Non sabería moi ben que dicirche, pero creo que o peor son as comunicacións. Deberían aumentarse liñas e horarios no transporte público.

01 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.