Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premios para ós artistas herdeiros do pintor muxián Gervasio Sar

COSTA DA MORTE. Os gañadores da segunda edición dos Premios de Pintura e Debuxo Gervasio Sar recibiron os seus galardóns en Muxía. O certame tiña como lema ou pregunta Vinte anos do Prestige. Como cho contaron? A iniciativa obtivo unha formidable acollida, con máis de 160 debuxos e pinturas presentadas. Ademais, os participantes fixeron gala dunha gran imaxinación.

Os premiados na categoría infantil foron Xavier Martínez Trasmonte, Lola Leis Soneira e Dylan Senra Montero, todos eles do CEIP de Vilarmide. Tamén recibiu un accésit Saúl Vilela Vilela, do CEIP Virxe da Barca. Na modalidade de Primaria foron distinguidos Izan Romaní Toba, do CEIP Virxe da Barca, por Nunca Máis; Ainara Rodríguez Carril, do CEIP dos Muíños, por A cadea de países; e Mar Cancela Venturo, do CEIP As Revoltas, por Mar Negro. Levaron accésits Jimena Rodríguez Pérez, do CEIP de Vilarmide, por Desgraza na Praia; Óscar Paz Rodríguez, do CEIP de Vilarmide, por A morte do mar; e Alejandro Hermida Bouzón, do CEIP de Vilarmide, por De azul a negro.

Na categoría de Secundaria os premios recaeron en Inés Moledo Bardullas por A marea branca de voluntarios. Isto foi unha traxedia; Francisco Quintáns Casal, por A gran loita; e Sharick Muñoz Solarte, por Recollendo chapapote. Os tres galardoados estudan no IES Ramón Caamaño da vila muxiana. M. L.

18 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.