Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Primeira xornada do Mercado de Verán da Estrada con novidades

A Estrada. Arranca o Mercado de Verán da Estrada este venres ás 10.00 na Praza do Concello. Organizado pola Asociación de Comerciantes de A Estrada (Acoe), conta coa participación dunha vintena de postos de comercio e artesanía, a maioría da Estrada, e desenvolverase ata o domingo en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Segundo indicaron dende Acoe unha das novidades é que este ano haberá servizo de cafetería da man de Ananás. A xornada de compras estará amenizada por actuacións en vivo, haberá sorteos e incluso (outra novidade) un parque infantil con inchables para os máis cativos, ao que se poderá acceder de balde durante unha hora por compras superiores a 5 euros. Os produtos gastronómicos locais que se atoparán son pan da panadaría Cervela con fariña do país, chourizos artesáns da Carnicería Codesido, queixo de Leite Ulla, melindres e bicas de Pelegrina’s, mel de Apícola Cañedo, sidra e mosto de Peroja, zume e sidra A Rabiosa, galletas Maruxío, gominolas de berries, arándanos, e sidra e mazá da pastelería Mimela; arándanos de Biofruit Galicia e marmeladas de tomate, pera, ameixa, claudia ou cabaciña de Rebulidoiro. c.e.

19 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.