Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Proxectos do GALP Costa Sostible optan ao Economía Azul

Con estes galardóns distinguirán ás mellores iniciativas de apoio á pesca costeira artesanal

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, presentou este venres no Museo do Mar de Noia a terceira edición dos Premios Economía Azul, uns recoñecementos cos que se pretende galardoar os mellores proxectos sustentables das zonas costeiras de Galicia postos en marcha ao abeiro das axudas para iniciativas dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

Os premios contan con catro categorías: apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego, diversificación e economía circular, ás que aspiran doce proxectos, tres por cada unha delas.

A representante da Consellería do Mar explicou que os doce finalistas foron seleccionados por unha comisión da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro entre as propostas presentadas polos GALP tendo en conta os beneficios que xeraron para o sector pesqueiro e a súa área de influencia. Entre os aspectos considerados están a súa contribución á creación de emprego nas zonas costeiras, o reforzo da identidade, a cultura e o patrimonio local así como os elementos innovadores introducidos e a creación de oportunidades para as mulleres e a mocidade no sector marítimo-pesqueiro.

Agora ábrese o proceso de votación pública para a elección dos gañadores, polo que calquera persoa pode votar ata o vindeiro 25 de novembro na páxina web https://galp.xunta.gal/. Poderase votar a un proxecto dos finalistas en cada unha das catro categorías e resultará gañadora a candidatura que reciba máis votos. As iniciativas premiadas anunciaranse o 1 de decembro nunha gala que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago.

Con estes galardóns “búscase dar visibilidade ao labor destes grupos na dinamización das zonas do litoral e animar a potenciais promotores a que presenten novas iniciativas coas que impulsar o sector marítimo-pesqueiro e preservar o patrimonio costeiro de Galicia”, apuntou.

Entre os proxectos finalistas está o Pazo de Trasariz Seafoof Events e o Restaurante Material: O Abrigo do Nordés polo GALP Costa da Morte, e o Seafood Market Mama Celia, o centro de transformación do lixo mariño do Freixo e a mellora do proceso produtivo do polbo de lonxa da confraría de Lira (Carnota) polo GALP Costa Sostible.

04 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.