Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Raiceiros abriu a exposición e celebrou os vinte anos de vida

Pódese visitar na nave da estación de Santa Cruz de Ribadulla // Nesta fin de semana celebráronse obradoiros, proxeccións, coloquios e o roteiro a Vilanova

A nave da estación de Santa Cruz de Ribadulla, no municipio de Vedra, acolle desde a noite do venres a exposición dos 20 anos da Asociación Raiceiros, que ese mismo día celebrou o acto central do seu aniversario. Nese evento interviron os diferentes presidentes da entidade ao longo destas dúas décadas: Héctor Rodríguez, que é o actual presidente, e Gerardo Albela, primeiro presidente, e que o fixo por videoconferencia desde Cardiff, lugar da súa actual residencia. Tamén tomaron a palabra o segundo presidente, Henrique Neira, e a terceira, Sofía Riveiro. Pechou o acto o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo. En todas as súas intervencións, os asistentes coincidiron na importancia da posta en valor do patrimonio.

Indicar que Raiceiros celebrou actividades ao longo de toda a fin de semana. En concreto o sábado celebrouse o obradoiro Ulla Naturalmente, faite vixía do Ulla, ao que seguiu un coloquio coas asociacións da ribeira do Ulla: Instituto de Estudos Ulloáns, Asociación Cultural Os Penoucos, Asociación Cultural A Pinguela de Bama e Asociación A Regionalista.

Xa onte, domingo, tivo lugar o roteiro de 5 quilómetros ata os muíños de Vilanova.

Xogos e proxeccións

··· ACTIVIDADES Tamén a fin de semana púidose desfrutar do espazo de xogo de da área audiovisual no que Raiceiros proxecta documentais feitos nestos 20 anos.

··· OS DÍAS 20 E 21 deste mes terán continuidade as actividades programadas por Raiceiros para conmemorar o seu aniversario. O sábado, 10, ás 16.00 horas abriranse a exposición e os espazos de xogo e audiovisual, e as 16.30 terá lugar o obradoiro ‘Ulla Oralmente, faite contacontos da Ulla’, dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos. Tamén presentarán ‘Roga, caderno de campo para repensar o asociacionismo”, de Silvia Campos. E o domingo, 21, haberá contacontos con Celso F. Sanmartín e Ás 20.00 clausurarán os actos e as xornadas de xogos, audiovisuais e a mostra.

15 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.