Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reabre o renovado ximnasio en Vimianzo

O Concello de Vimianzo reabrirá o 10 de outubro o ximnasio municipal despois dunha reforma integral das instalacións, que son as de maior demanda de todas as de competencia municipal. Ata o 1 de novembro, abrirase un período de portas abertas, no que se recollerán as propostas dos usuarios e no que as persoas interesadas se poderán inscribir ou confirmar a súa continuidade. Será a partir do 1 de novembro cando dé comezo a sesión oficial.

A apertura do ximnasio realizarase de luns a venres, de 10,30 a 22.30 horas, excepto os venres, que pechará ás 23.30 horas.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, recalcou a “calidade das instalacións, que permitirán á nosa veciñanza acceder a multitude de actividades e sempre asesorados por profesionais”. Sinalou que “o obxectivo desta reforma é fomentar un estilo de vida saudable para as persoas que as empreguen”. A idea é poder contar cunha infraestrutura completamente renovada e “adaptada á nova realidade”, indicou o concelleiro de Deportes, Mario Andújar.

Así, plantexáronse intervencións no primeiro andar para a adecuación do espazo ás necesidades das persoas usuarias, e para elo realizouse unha redistribución, deixando toda a planta diáfana para o uso como ximnasio, cun pequeno aseo adaptado. No novo deseño están previstas cinco zonas: unha de cardio, con vistas ao exterior por medio dunha gran zona acristalada; un corredor de arrastre, en herba artificial; a de musculación; a de peso morto e a destinada a estiramentos, ámbalas dúas rematadas con caucho.

Redimensionáronse os espazos de luz para dotar de maior iluminación a todo o primeiro andar e adaptáronse as instalacións de fontanería e saneamento para dar servizo ao novo aseo. Limpáronse e pintáronse todas as fachadas do edificio con pintura de acabado mate despois de abrir en ambas fachadas ventanais. Dende o goberno local anuncian que seguirán investindo en melloras na contorna deste espazo deportivo.

02 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.