Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recollida de material escolar para as familias amesás sen recursos

Pódese entregar no consistorio e tamén nas casas da cultura das dúas urbes maiás

A Maía. A Concellería de Benestar Social de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, acaba de poñer en marcha unha campaña de recollida de material escolar entre o persoal municipal e político do Concello para tratar de resolver as necesidades dalgunhas familias con menores.

O motivo é que, por mor das consecuencias económicas provocadas pola covid-19, este curso precísase máis participación e axuda da veciñanza amesá que noutras ocasións. O obxectivo desta campaña é recadar material escolar (mochilas, estoxos, carpetas, lapis, cadernos, entre outros) para que ningunha nen quede sen material durante o curso escolar que acaba de comezar. O material pódese entregar en dependencias consistoriais ou nas casas da cultura de Bertamiráns e Milladoiro.

Para todo aquel que queira pórse en contacto coa Oficina de Voluntariado de Ames, pódeo facer a través do número de teléfono 662 377 044 (ou enviando un correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal). Outras das campañas postas en marcha polos voluntarios (xunto a outros colectivos coma a patronal XEA) foron a de recollida de enseres para bebés nados en familias sen recursos; de víveres para o Banco de Alimentos que ten o municipio e tamén recibiron excedentes de colleitas. m.m.

23 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.