Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recoñecemento nacional para as boas prácticas do CEIP Plurilingüe de Outes

O seu proxecto ‘Mens sana in corpore sano’ gañou o concurso do Ministerio de Educación na categoría de saúde integral // Xurdiu a raíz da crise sanitaria

O CEIP Plurilingüe de Outes acaba de ser premiado no Concurso Nacional de Boas Prácticas. Este galardón que otorga o Ministerio de Educación y Formación Profesional recoñece o traballo realizado por aqueles centros que contribúen coas súas prácticas á mellora da calidade educativa. Busca, ademais, poñer en valor o esforzo compartido na búsqueda das melloras na acción educativa para que sirvan de modelo e inspiración a outros colexios.

En concreto, o CEIP Plurilingüe de Outes foi premiado polo seu proxecto de investigación Mens sana in corpore sano, un traballo realizado por todo o alumnado do centro durante o curso 2020/2021 e que naceu co obxectivo de que as nenas e nenos puideran entender a situación sanitaria na que se atoparon cando empezou o curso escolar. Este traballo presentouse na categoría de saúde integral.

Segundo sinala a dirección do colexio, con este proxecto os estudantes tiveron a oportunidade de adquirir numerosos coñecementos en torno á adquisición de hábitos saudables e de abordar procesos de alfabetización informacional e mediática. A nivel educativo tamén se abordaron contidos curriculares de todas as áreas.

“Dende os máis conceptuais, relacionados coa incorporación de hábitos saudables, funcionamento do corpo humano, tratamento estadístico de datos, enfoque histórico... a outros relacionados co proceso, que favorecen este tipo de prácticas, e que teñen que ver coa aprendizaxe no tratamento da información, a competencia para aprender a aprender, a alfabetización mediática”, indicaron.

Ademais, o feito de que sexa unha campaña de concienciación ou a colaboración co fin solidario relaciónase coa aprendizaxe-servizo, formar cidadás comprometidos coa convivencia da súa contorna.

“Este premio supón un gran recoñecemento ao traballo que se está realizando no centro e á implicación de toda a comunidade educativa e vén a apoiar o cambio metodolóxico que se está implementando no colexio”, aseguraron as mesmas fontes.

proxecto. O proxecto de investigación Mens sana in corpore sano púxose en marcha ao inicio do pasado curso escolar no CEIP Plurilingüe de Outes co obxectivo de contribuír ao entendemento dos nenos da situación pandémica, a cal ía condicionar a vida no centro outense.

Comezaron mergullándose no traballo de investigación que se organizou en torno a seis eixos temáticos, todos relacionados coa saúde, que se repartiron nos distintos niveis educativos, e que foron: saúde física, saúde mental e adición ás pantallas, hábitos saudables, alimentación, situación derivada da COVID e o enfoque histórico coa pandemia da gripe española de 1918.

Rematada a primeira fase, o alumnado deseñou unha campaña titulada Cóidate, cóidanos. A saúde unha gran responsabilidade co fin de compartir coa comunidade as súas aprendizaxes e, ao mesmo tempo, de concienciar sobre a importancia de manter hábitos saudables.

As persoas que desexen visionar toda a información elaborada no marco desta campaña poden facelo accedendo á páxina web da iniciativa, coidatecoidanosoutes.blogspot.com.

20 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.