Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rianxo acolle en abril a Festa da Chuvia, con nove concertos

Ademais do festival do sábado nove, o domingo dez haberá unha travesía musical pola ría

A vila de Rianxo acollerá o vindeiro sábado 9 de abril unha nova edición da Festa da Chuvia, o festival que naceu en 2002 coa vocación de amosar e promover a música feita en Galicia. A programación inclúe concertos nos que varias bandas presentarán os seus novos traballos discográficos; demostracións en vivo de composicións de cancións; obradoiros de cantigas; xogos, como Na procura do tesouro rianxeiro; animación de rúa, e actuacións en acústico en diferentes escenarios.

As formacións e artistas que actuarán son Boroa (que presentará o seu primerio traballo, Un mundo de músicas; Os Bar Ban Sónicos, da Pobra, que presentarán o seu disco Quimicamente impuro; o músico e compositor Nando Pérez, coa súa proposta Canción DeSastre, coa que crea cancións feitas á medida; Chamaquito Pistolas, que presentará Deep Galician: da fin do mundo á Galiza profunda; Tecor societario, de rock psicodélico; Radio Zapa; o dúo Grampoder; Broa, de Cerceda; e Machina.

Boroa ofrece unha variedade de opcións musicais acústicas: composición propia combinada co folclore tradicional galego, pasando pola música de raíz de principios do século XX, así como a introdución na música contemporánea, o cine ou a potencia sonora e a velocidade da música bretona e irlandesa.

O repertorio de Os Bar Ban Sónicos susténtase nas bases do garaxe e do punk rock.

Chamaquito Pistolas móvese en estilos como o rock, o country, o blues ou o vals.

Tecor Societario mestura punk e folk. Radio Zapa é un power-trío de rock psicodélico de Compostela. A banda Grampoder, inactiva dende 2015, regresa para presentar novas cancións nas que explora as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk.

Machina traerá a Rianxo metal, hardcore e rock.

Por outra parte, dentro do programa da Festa da Chuvia inclúese tamén a cuarta edición do Barco da Chuvia como unha actividade única e singular. Trátase dun festival independente que terá lugar a bordo dun barco de pasaxe con 140 tripulantes como público e ó longo dunha travesía de seis horas pola ría de Arousa, con actuacións musicais e unha exaltación de produtos incluída no prezo, que é de 40 €. Será o domingo 10, o barco sairá do porto de Rianxo ó mediodía e regresará ás 18.00 h. A bordo actuarán Kris K DJ, Boroa e amigos do ruído, Cé Orquestra Pantasma e La Chuzaranga.

23 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.