Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira aposta pola conciliación e polo desfrute dos cativos

Máis de 160 nenos beneficiáronse dos bonos do Concello para os campamentos do verán

Un total de 161 nenos con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos xa se están a beneficiar dos bonos de conciliación que outorga o Concello de Ribeira coa fin de subvencionar a asistencia dos rapaces aos campamentos promovidos por empresas do municipio que se adheriron á campaña.

Agora, e dado que o crédito de 20.000 euros con que estaba dotada a iniciativa xa se agotou, a administración local vén de aprobar en Xunta de Goberno destinar outros 4.000 euros a atender tanto peticións que non se cubriron como as novas solicitudes.

Así o explicou a concelleira de Cultura, María Sampedro, durante a visita que realizou fai uns días á casa de cultura de Castiñeiras para asistir á apertura dun dos campamentos celebrados no termo municipal beneficiarios dos bonos concilia, con nove asistentes. A edil indicou que, ademais de no casco urbano de Ribeira, tamén se desenvolven campamentos nas parroquias de Aguiño, Palmeira e na referida Castiñeiras. Hai cinco empresas adheridas ao programa: Xardín Ventureiro, Golfiño Xestión de Ocio, Globiocio, Fit Natural Sport e Ícono Studio.

Coa idea de seguir axudando ás familias que queiran conciliar a súa vida laboral e familiar promovendo a participación dos seus fillos e fillas nestes campamentos promóvese esta segunda convocatoria con características similares á anterior.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP e rematará o 10 de agosto ou no momento de esgotarse o crédito. Segundo sinalou a edil, de xeito excepcional admitiranse as solicitudes presentadas con anterioridade á apertura do prazo e que non puideron atenderse na primeira convocatoria, tendo prioridade sobre as novas.

Dende o goberno municipal lembraron que existen dúas posibles modalidades para optar ás achegas. No caso de familias nas que ambos proxenitores estean a traballar, ou no caso de familias monoparentais ou con custodia non compartida, a axuda poderá alcanzar un máximo do 50 % do custo da contratación, cun límite máximo de 100 €/mes por participante, cunha achega máxima total de 200 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá chegar ao 60 % do custo do campamento, cun límite máximo global de 120 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima de 240 euros por rapaz.

Para o resto de familias a achega poderá ser dun máximo de 50 € do custo da contratación, cun límite máximo de 50 €/mes por participante, ata un máximo de 60 participantes, cunha axuda máxima total de 100 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a prestación poderá implicar un máximo do 60 % do custo.

05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.