Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
COMPARACIÓN. A alternativa que defendía o colectivo de afectados sería 200.000 euros máis barata, pero afectaría ó parque periurbano, a unha zona de mámoas e ó aparcamento dun colexio // A opción da Xunta ten seis conexións máis TEXTO S. Souto

Ribeira pasa de pantalla: un estudo externo avala o trazado da variante

Catorce meses despois de finalizado o proceso de exposición pública do trazado deseñado pola Xunta para a variante de Ribeira, o Concello deu este venres por zanxado o debate aberto sobre a posibilidade dun itinerario alternativo (proposto pola plataforma de afectados) facendo pública a conclusión do informe externo encargado á empresa Iceacsa sobre a comparación dos dous.

Un eshaustivo estudo elaborado en base a cinco criterios (técnico, territorial, medioambiental, social e económico) que conclúe que a opción oficial é a máis axeitada. Entre outras cuestións, porque está deseñada para aliviar o tráfico urbano facilitando á vez o acceso a el, en lugar de afastalo; porque contempla 8 conexións, fronte ás 2 da alternativa; e porque tería capaciddae para un tráfico diario de 9.562 vehículos, fronte ós 4.425 do deseño co que se comparou (que, por certo, afectaría ó parque periurbano de San Roque, á zona de mámoas do Monte da Cidá, ó aparcamento do colexio Bayón e a unha vivenda con piscina).

O trazado co que se comparou foi o feito en 2017 polo enxeñeiro Alejandro Piñeiro como traballo de fin de máster e polo que gañou o premio ó mellor proxecto de obras do Colexio de Arquitectos da Coruña.

O vial deseñado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten unha lonxitude de 3,1 quilómetros.

O sector 1, de 1,3 quilómetros, contempla un acceso cas rúas Mariño de Rivera, Ameneiro e avenida da Constitución, e ten unha pendente do 8 %. O sector 2, de 450 metros e unha pendente do 5,62 %, conectará o vial con Cubeliños. O sector 3, de 390 metros e pendente do 10 %, inclúe un viaduto sobre o regato da Mámoa. E o sector 4, de 980 metros e unha pendente do 10 %, conectará ca CP-7305 e a travesía de Fafián.

Implicaría expropiar 86.005 m2,, pasaría nun 51 % por chan rural e nun 49 % por chan urbanizado, e afectaría a dous galpóns e a unha vivenda non habitada. Se ben o orzamento total da variante, incluíndo as expropiacións, é de 9,5 millóns, dado que a Xunta plantexa unha execución por fases, o investimento da primeira fase será de 4 millóns.

Polo que respecta ó trazado alternativo (o de Alejandro Piñeiro), está deseñado no treito non urbano para unha velocidade de 80 quilómetros por hora (fronte ós 70 da opción da Xunta). Dado que pasaría a uns 200 metros de distancia do trazado oficial, afectaría parcialmente ó parque periurbano de San Roque e á zona de mámoas do Monte da Cidá, polo que sería necesario o informe previo de Patrimonio (que podería condicionar a obra) e a supervisión por parte dun arqueólogo.

Contempla, por outra banda, un paso inferior e outro superior en Cubeliños. O movemento de terras cífrase en 177.000 m3 e crearíanse taludes de 11 metros (fronte ós de 5 metros da proposta da Consellería). Según este traballo de Piñeiro, sería preciso expropiar 74.445 m2, o vial pasaría nun 92 % por chan rural (68.724 m2) e afectaría a un galpón, a dúas vivendas non habitadas, ó aparcamento do colexio Bayón e a unha casa con pisciña. O orzamento para a primeira fase, ca actualización do IPC, sería de 3,8 millóns.

CINCO CRITERIOS. O trazado exposto pola Xunta imponse no informe de Iceacsa en base ós criterios técnico (trazado en planta e en alzado e captación de tráfico), territorial (adaptación á rede planificada e conexión ca rede vial existente), medioambiental (movemento de terras, e afectación a cauces fluviais, ó patrimonio cultural e á paisaxe), e social (afectación a chan urbanizado e a edificacións). O único criterio no que se impón o deseño que defendía a plataforma é o económico (só 200.000 € menos).

Marta Rodríguez, enxeñeira de Iceacsa, dixo que o trazado da Xunta está deseñado para aliviar ó tráfico urbano e, ó tempo, facilitar o acceso ó centro, e o de Alejandro Piñeiro, para afastalo da cidade.

Claves

1 O itinerario. A variante iniciarase na rotonda da autovía, en Xarás, e seguirá á altura das rúas Remedios, Cruxeiras, Mariño de Rivera, Cubeliños e Travesía de Fafián, desembocando na rúa Perú, no Touro. O trazado é de 3,1 quilómetros.

2 A afectación. O trámite expropiatorio, ó que se destinarán 2,6 millóns de euros, afectará a 119 parcelas, cunha superfice total de 86.005 m2. Só hai afectados terreos, dous galpóns e unha vivenda non habitada. Un 51 % do trazado (43.672 m2) corresponde a chan rural, e un 49 % (42.333 m2) a chan urbanizado.

3 O tráfico. O estudo da Xunta estima que o vial terá un tráfico de 9.562 vehículos ó día.

4 O territorio. Os traballos implicarán un movemento de terras de 180.000 m3.

5 O orzamento. A actuación contará cun investimento de 9,5 millóns de euros (para a primeira fase, 4 millóns).

6 As conclusións. O informe de Iceacsa para comparar o trazado da Xunta e o que propuxo a plataforma de afectados conclúe, apuntalado en criterios técnicos, medioambientais, territoriais, sociais e económicos, que o da Consellería é mellor nos catro primeiros apartados e que “contrubuiría notablemente ó desenvolvemento futuro de Ribeira”.

7 As infraestruturas. A actuación implicará a construción dun viaduto de 16 metros de luz sobre o río Mámoa, 5 glorietas e 2 pasos inferiores.

8 A execución. A Xunta proxectou a execución do vial en dúas fases. A primeira corresponde ó treito que bordea o centro urbano, dende a autovía ata a avenida da Constitución, e abarca a meirande parte do investimento (8,2 millóns de euros), afectando ó 70 % do trazado (2,1 quilómetros). A segunda, de 940 metros, abarca ó ámbito máis urbano.

11 jun 2021 / 18:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.