Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira repasa cunha mostra a historia e a evolución das estampas xaponesas

Na pequena aldea ribeirense de Artes pode verse estes días (ata o dezaseis de novembro) unha exposición que repasa nada máis e nada menos que a historia e a evolución da estampa xaponesa (arte centenaria e única) dende o século XVIII ata a actualidade. Trátase da mostra Ukiyo-e: a beleza e o color do efémero que acolle o Museo do Grabado.

O termo Ukiyo (que pode aplicarse á estampa, pero tamén á pintura ou á literatura da época) inaugurou unha forma de ver a vida asociada ó desenvolvemento de clases medias, artesáns ou comerciantes no período dos Tokugawa, que abarca máis de 200 anos e durante os primeiros decenios do período Meiji. A arte do Ukiyo-e (a letra e refírese a estampas) está intimamete relacionada co desenvolmento dos denominados barrios do pracer, situados no extrarradio das principais cidades do Xapón dos Tokugawa e, sobre todo, do barrio denominado o Novo Yoshiwara (o primeiro fora destruído por un incendio) xunto a Edo (actual Tokio).

Alí, xunto co negocio da prostitución, os empresarios constrúen un mundo de entretemento para atraer ó publico máis amplo posible. Eses elementos van configurar os primeiros xéneros do Ukiyo-e. Son estampas protagonizadas por mulleres fermosas, cortesás vestidas con suntuosos quimonos, loitadores de sumo ou escenas explícitas de relacións sexuais.

En canto á evolución, vai dende o gravado en branco e negro ata o multicor e, xa a comezos do século XX, unha nova forma de facer gravado que vai intentar recuperar unha arte que xa estaba en proceso de desaparición: un movemento que utiliza as mesmas técnicas, aínda que moitas veces con máis pranchas, buscando a reprodución de efectos pictóricos.

10 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.