Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
DOBLE CITA. Amosan as súas creacións, das máis variadas disciplinas, no Museo do Gravado // Poden verse tamén obras dedicadas ó ceramista Isaac Díaz Pardo

Ribeira reúne a cen artistas da zona barbanzá

A pequena aldea ribeirense de Artes é estes días a capital da arte do Barbanza. O Museo do Gravado acolle as exposicións BarbantiaRte VIII (formada por obras dun cento de artistas da comarca) e Unha manda de pezas para Isaac Díaz Pardo de xente do Barbanza (unha selección dos traballos que forman parte da iniciativa que levou a cabo o colectivo Alento Esbravexo en 2020, coincidindo co centenario do nacemento do ilustre debuxante, pintor, ilustrador, ceramista, escritor, dramaturgo, empresario e xornalista).

Hai para todos os gustos e sensibilidades, para todos os criterios. Do clasicismo á vangarda. E en todas as disciplinas: escultura, pintura, fotografía, gravado, videocreación...

Así, por exemplo, Olegario Sampedro conmove co seu díptico poético-fotográfico titulado Bicos fillos, froito da última sesión de fotos que lle fixo á súa nai antes de faceler, e dunha composición poética formada por 21 palabras extraídas da mensaxe póstuma escrita por ela ós seus fillos. A obra fíxose coa transferencia caligráfica exacta das dúas palabras que lle dan título (as últimas do citado manuscrito da nai do autor).

De Ricardo Dávila pode verse Olladas, en madeira de oliveira; e de Xosé Luis Veiras Manteiga, unha caricatura de Isaac Díaz Pardo.

Precisamente entre as creacións artísticas adicadas a Díaz Pardo destacan, por exemplo, os tres platos cerámicos de vivas cores decorados por por Manuel Ayaso: un gaiteiro coa palabra morriña estampada no fol; un ave de rostro humano; e un busto masculino cun paxaro.

Nesa publicación inclúese tamén a composición Pola primavera, con letra e música de Sebastián Paz.

20 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.