Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O GALP reunirase cos hostaleiros de Fisterra, Malpica e O Son para presentarlles o proxecto // Buscan impulsar o desenvolvemento económico dos seus territorios apostando polo turismo experiencial e polo buceo recreativo TEXTO Marta Torres

Rimartes saca á luz os tesouros do profundo a través do mergullo

O proxecto de turismo experiencial Rimartes. Riquezas do mar, tesouros do profundo continúa a súa andaina. Tras unha primeira fase centrada na documentación e catalogación de case medio cento de pecios de gran valor histórico entre Bergondo e Porto do Son ou na promoción na feira internacional Fitur da man de Turgalicia, neste 2022 continúase coa fase de edición de material divulgativo, como son as rutas emocionais, o folleto e os carteis do proxecto, a comunicación a través de redes sociais e dunha web propia ou a organización do I Campionato de foto submarina en pecios, entre outras accións estratéxicas que prevén anunciar proximamente.

Neste sentido, para os vindeiros días están programadas catro reunións co sector hostaleiro do territorio de actuación para presentarlle esta iniciativa e establecer posibles sinerxias co proxecto en si e, en concreto, cos seis centros de mergullo colaboradores de Rimartes, como Buceo Malpica, Buceo Fisterra e Mergullo Compostela (con base en Porto do Son), así como Buceo Galicia, Deepteam Coruña e Nauga (todos con sede na Coruña).

Polo que respecta aos concellos de Área, o mércores 27 ás 11.00 horas terá lugar un encontro en Fisterra (no salón de plenos do Concello) e, ás 17.00 horas en Porto do Son (no Centro de Interpretación do Castro de Baroña). Xa o xoves 28 de abril, ás 11.00 horas, a última xornada sectorial será no Centro Cívico de Malpica. Os interesados en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico a info@rimartes.com ou ben chamando ao 636 111 893.

Galicia é un dos puntos de maior concentración de xacementos arqueolóxicos subacuáticos do Atlántico europeo. Pecios de diferentes épocas atópanse ao alcance de mergulladores de todos os niveis que buscan novas experiencias e coñecemento. Naos da Armada do Océano ao mando de Martín de Padilla, mercantes ou barcos de pasaxe, acorazados, vapores, submarinos e avións de combate da II Guerra Mundial e pesqueiros afundíronse fronte ás nosas costas e teñen unha gran historia para ser contada e recordada. Os pecios de moitos deles tamén se poden visitar.

O valor diferencial da costa galega é un signo que nos identifica. Os nosos faros, portos, especies pesqueiras, gastronomía, paisaxe, costumes e tradición mariñeira... Pero, sen dúbida, os naufraxios conectáronnos con diferentes culturas, países e épocas da historia.

Coñecedores deste potencial, desde os GALP Costa Sostible, Costa da Morte e Golfo Ártabro Sur puxeron en marcha o proxecto colaborativo Rimartes. Riquezas do mar, tesouros do profundo para contribuír ao desenvolvemento económico dos seus territorios apostando por un sector con gran perspectiva, como é o do turismo experiencial e o buceo recreativo, para todos os niveis, desde o snorkel ata o de máis dificultade, en profundidades que chegan ata os corenta metros.

Entre os tres GALP abarcan ao redor de trescentos quilómetros de costa e vinte e cinco concellos costeiros, entre eles A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e O Son.

o protagonista
“Temos que tratar de atraer xente todo o ano”
Jorge Romero Pérez
Hostaleiro de Porto do Son

Hostaleiros de Porto do Son, como Jorge Romero Pérez, reciben con alegría o proxecto Rimartes. “Este tipo de accións non é que me parezan ben, senón que son necesarias. Aquí hai moita diferenza entre o traballo que temos no inverno e no verán, que estamos a tope sempre; é un cambio moi drástico. Necesitamos este tipo de iniciativas para atraer xente e desestacionalizar o turismo”, afirma.

Licenciado en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, o veciño de Porto do Son destaca as alternativas que ofrece o territorio. “Temos moitas posibilidades, tanto a nivel marítimo como nos montes, sendeirismo... Con este proxecto podemos descubrir o que temos nos fondos do mar, tanto polo que respecta aos pecios como á biodiversidade do mar, para que a xente o poida coñecer”, comenta o empresario sonense, quen resalta que “noutras rías, como a de Vigo, este tipo de turismo tamén existe e funciona; por que non apostar por el? Paréceme unha idea xenial”.

Jorge Romero asegura que este tipo de iniciativas son unha maneira de mover a economía “pero non só a nivel hostalería, senón que tamén axuda a temas de mergullo, de pernoitacións... Todo inflúe; é un valor engadido á nosa zona, que xa por si é espectacular”. “Fáltanos, tamén ós hostaleiros, promocionarnos máis para atraer aos visitantes todo o ano”, dixo.

{ blanco o negro }
Riqueza patrimonial
Marta Torres

Galicia y las mil razones para venir, volver o, definitivamente, no irse nunca. Porque esta tierra engancha. Recibe con los brazos abiertos a todos los que deciden visitarla, mostrándoles sus paisajes naturales, sus pueblos y sus gentes, su gastronomía, sus monumentos, sus tradiciones, el mar y sus costas... Esas que esconden gran riqueza patrimonial, potencial que ahora los GALP Costa Sostible, Costa da Morte y Golfo Ártabro Sur tratan de aprovechar para crear un producto turístico especializado e impulsar el buceo experiencial. Rimartes trata de atraer turistas de todo el mundo y mantener el flujo de visitantes en las temporadas de menor demanda turística. Todo para contribuir al desarrollo económico de sus territorios.

24 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.