Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Regresará á Music Zone como un dos cabezas de cartel do festival // Os promotores do evento de Porto do Son tamén confirmaron as actuacións de artistas da talla de Miranda, Albany, Israel B e Electra // A cita estrela da cultura urbana de Barbanza celebrarase os días 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo TEXTO Ana Pérez

Rompetiño vibrará con Hard GZ

Se fai unhas semanas os promotores do Rompetiño Jump 2023 anunciaban a data de celebración, o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo, agora comezan a caldear o ambiente coa confirmación dos primeiros artistas que farán vibrar ao público da Music Zone do certame urbano sonense.

Non faltará nesta festa Hard GZ. O artista galego máis consolidado do panorama nacional e que acumula millóns de visitas nas plataformas dixitais regresará ao Rompetiño como un dos cabezas de cartel do festival. Tempo pasou dende a súa primeira maqueta Infantería, xa que hoxe en día o artista non só arrasa en España senón que tamén está crecendo en Latino América.

Tampouco se perderá a Music Zone o artista Miranda. Trátase dunha das promesas do panorama nacional; seguramente un dos artistas coas letras con máis paixón –non deixan indiferente a ninguén–. Está traballando no seu próximo traballo que verá a luz este ano e o Rompetiño será dos primeiros festivais en poder desfrutalo.

Nesta ocasión, os amantes da cultura urbana tamén bailarán ao ritmo de Albany. É unha das figuras femininas máis emerxentes dos últimos anos que leva a fusión dos novos xéneros no sangue. Destacar que estreará disco en Galicia na nova edición do Rompetiño Jump.

E un ano máis, os sonenses volverán gozar cos temas de Israel B. O cantante madrileño non para de crecer; despois do seu paso por Porto do Son no ano 2021 xa leva un disco de ouro conseguido xunto cun dos artistas do momento, Quevedo.

Outro dos profesionais que pasarán pola Music Zone será Electa. Chega ao festival un dos mellores DJ do país, cun estilo moi versátil. Grazas a el os asistentes poderán desfrutar de topo tipo de música, como reggaetón ou electrónica fusionados cos sonidos máis frescos.

Os organizadores do evento recoñecen que os inicios deste festival no ano 2016 “foron difíciles como calquera acción empresarial que se desenvolve no rural galego”, pero que a base de perseverancia no traballo e crer firmemente no proxecto conseguiron colocar o Rompetiño no mapa de citas deportivas e musicais de España á vila sonense. Os impulsores deste festival aseguran que é moi complicado facerse oco sen axuda das institucións, polo que esperan máis apoio a tenor dos éxitos conseguidos nestes seis anos de camiño percorrido e piden un sólido compromiso “polos datos de impacto económico e publicitario”.

Neste sentido, aseguran que lograr que o Concello de O Son fose lugar de referencia da cultura urbana en España “non foi unha tarefa fácil”, pero si “unha aposta co convencemento de que todos estes deportes que se desenvolven na primeira fin de semana de xullo no Rompetiño serían olímpicos”.

No seu compromiso co deporte, cómpre lembrar que o Rompetiño vén de entregar agasallos ás deportitas do RP TEAM Alicia Babarro e Noa Romero, dúas promesas do deporte galego polas que aposta a marca Rompiente –patrocinadora do festival– “para defender os seus valores e inculcar no resto da xuventude o seu espírito da competición responsable, saudable e divertida”, din.

22 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.