Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Para que a celebración sexa rachada o Concello adica o día á xuventude coa música da París de Noia // A pista de xeo abrirá o 22 de xaneiro e o programa incluirá cine, teatro e divertidas actuacións // O acto máis destacado é a Cabalgata TEXTO M. Boo

Santa Comba ilumina as súas 17 parroquias desde este mércores

Santa Comba sempre viviu dun xeito moi especial o Nadal. E o demostra sobre todo coa Cabalgata de Reis que para os xalleiros é o acto máis especial de todo o ano. Pero antes o Concello programou unha serie de actividades que de seguro que axudarán a que os máis pequenos desfruten das vacacións, e que os que non son tan mozos teñan opcións para entreterse, incluso coa posibilidade de facelo en familia, nestas datas tan entrañables.

E o pistoletazo de saída terá lugar este mércores a partir das oito da tarde, co encendido do alumeado de Nadal que ademáis de engadir ambiente navideño ás principais rúas da capital local, deixa desta volta a súa pegada en cada unha das súas 17 parroquias.

E para festexar este comezo do Nadal nada mellor que unha festa adicada á xuventude. Aproveitando que este mécores é véspera de festivo, quenes queiran pasar unha noite divertida teñen a obriga de achegarse a Santa Comba, en donde ademáis de mesturarse co seu magnífico ambiente nocturno, poderán bailar ó son do ritmo da orquesta París de Noia e da disco móbil de CDC.

O Concello non quere deixar pasar a ocasión de felicitar de xeito institucional o Nadal a todos os veciños. E para facelo botará man da postal gañadora do concurso escolar, que é obra de Pedro Negreira Martínez, alumno no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza e que representou unha vaca que derrocha alegría e algunhas das verbas que estas festas despertan neste rapaz, que recollerá o seu agasallo co resto de premiados o domingo, día 18 de decembro, a partir das seis da tarde no auditorio do edificio multiusos. Nesa mesma gala o grupo de teatro Ghazafelhos representará Bon apetit.

Son os nenos os que protagonizan gran parte da programación de Nadal. E de feito, converteranse en protagonistas os días 21, 22 e 23 de decembro coa vista de Papá Noel a todos os centros educativos do municipio en coordinación cos colexios. Xa o día da Lotería, o 22 de decembro, será tamén unha data especial para moitos rapaces de Santa Comba, porque regresa ó Campo da Feira a pista de xeo que desta volta permanecerá na capital xalleira ata o 8 de xaneiro abrindo todos os días en horario de mañá e tarde. É unha das actividades de maior aceptación entre a mocidade.

Pero o Concello aínda ten preparadas máis sorpresas. O venres, 23 de xaneiro, un dia despois de abrir a pista de xeo, Peter Punk Pallaso actuará a partir das seis da tarde no auditorio do edificio multiusos ofrecendo a obra titulada Peor imposible.

E mentras remata un ano e comeza outro, vai ter lugar o ciclo Cine no Nadal coa proxección de tres películas actuales no auditorio do edificio multiusos en datas aínda por determinar. Os títulos, ideais para a rapazada, que chegan a Santa Comba son Navidad en la granja, Klaus e Crónicas de Navidad, que se poderán ver os días 23 e 29 de decembro e o 4 de xaneiro (17.00 h. no auditorio do multiusos).

E así chegará o día da Cabalgata. O 5 de xaneiro é o día máis especial do ano para os xalleiros. A visita dos Reis Magos supón un orgullo especial para todos veciños que reciben nesa xornada a centos de visitantes que disfrutan do espectacular desfile. As rúas vístense de festa e respiran un ambiente moi especial no que as vestimentas dos paxes e as grandes carrozas mestúranse coa música neste caso de Faíscas da Pontagra, que desde as 18 h. xa ofrece o seu espectáculo titulado Longarela no Campo da Feira.

Xa para rematar a programación e deixar un bo sabor de boca a todos os rapaces no día en que chega o turno de pechar a pista de xeo, nada mellor que a actuación dos Bolechas. O 8 de xaneiro, a partir das cinco e media da tarde, representarán no auditorio do edificio multiusos a obra Xira do Nadal. E desde ese momento, xa hai que pensar nas festas do próximo ano.

06 dic 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.