Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Os participantes deben acertar pistas para achegarse ó misterio final // As preguntas ensinarán segredos do patrimonio, a historia e a cultura da localidade xalleira // Pode facerse de xeito individual ou en grupos de, como máximo, catro persoas TEXTO M. Boo

Santa Comba pon en marcha un atractivo ‘escape room’ urbano

No ano 2008, no Xapón, o emprendedor Takao Kato creou unha sala na que os xogadores se involucraron nunha historia e debían resolver diferentes enigmas utilizando as diversas pistas que atoparían agochadas no propio cuarto. É o que hoxe se denomina escape room.

Co paso do tempo foron nacendo distintas modalidades e hoxe está a triunfar o que ten lugar ó aire libre, que tamén se pode comprar co que é o xogo da búsqueda do tesouro.

Santa Comba, que en tecnoloxías sempre trata de avanzar cos tempos, estrea un escape room urbano que descubrirá ós participantes parte da historia e do patrimonio da localidade.

Do que se trata é de seguir unha serie de pistas e resolver os problemas plantexados para ir avanzando cara un misterio final. Cos códigos solicitados de luns a venres ó Concello (a través do número de teléfono 679 815 654) poderase participar de xeito gratuíto calquera día da semana nunha experiencia que aporta un sinfín de actividades lúdico-culturais nas que os máis cativos e os que non o son tanto aprenderán historias sobre o municipio, á vez que se divirten e pasan tempo en familia ou cos amigos.

O xogador achegarase a diferentes puntos nos que se atopan as pistas para continuar o xogo e resolver os acertixos, que só se amosarán cando se chegue ó lugar indicado.

Unha vez resolto o enigma plantexado guiarase ó participante ó punto no que se atope o próximo reto. Ó tempo desvelaranse detalles sobre cada un dos currunchos que se descobren no traxecto para aprender cousas interesantes sobre eles.

No caso da capital xalleira o xogo terá como base argumental unha historia que xira ao redor da Orde de Santa Comba, unha misteriosa e lexendaria orde de orixe secreta da que se conta que existe dende hai centos de anos, pero da que non consta ningunha evidencia.

Esta experiencia é unha iniciativa da concellería de Xuventude que dirixe Manuel Iglesias, que pretende poñer o coñecemento do patrimonio e de parte da historia de Santa Comba ó alcance tanto dos veciños como dos visitantes que queiran participar nesta atractiva actividade que está dirixida a todos os públicos e deseñada para facela camiñando.

O tempo medio de xogo é de dúas horas e ten un nivel de dificultade moderado. Só require que cada grupo que participe conte cun teléfono móbil coa batería ben cargada e o GPS activado.

Para xogar hai que organizar un grupo dunha a catro persoas e solicitar os códigos que haberá que introducir na aplicación informática que se debe descargar no móbil.

Nun mapa poderanse ver os puntos da localidade ós que teñen que ir os participantes para poder resolver cada unha das probas. En caso de non acertar a resposta á primeira só se sumarán a metade dos puntos.

Por outra banda, por cada proba resolta proporcionarase unha pista para acertar o misterio final.

Esta actividade permite que se participe de xeito individual ou que varios equipos compitan entre si, o que supón un atractivo para os mozos que queiran pasar un rato divertido e ó tempo aprender cousas sobre Santa Comba, xa que en cada proba súmanse puntos e no misterio final pode mellorarse moito esa cualificación para gañar ós rivais.

O escape room de Santa Comba está xa activo é non deixa de ser unha opción máis para pasar o tempo de ocio nestes meses de verán, ó tempo que se adquiren coñecementos sobre o concello e a súa historia.

É unha iniciativa salientable para despertar o interés dos veciños polo seu propio municipio.

comarcas@elcorreogallego.es

01 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.