Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Seleccionadas as memorias do Concurso de Deseñadores de Camariñas

No certame da Mostra do Encaixe participarán as coleccións de máis de 40 creadores

Camariñas. O Concello de Camariñas fixo pública a lista de memorias seleccionadas para participar no XXIX Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 5 ao 9 de abril de 2023, durante a XXXII Mostra do Encaixe.

O xurado seleccionou do total de memorias que foron presentadas, as dos deseñadores e deseñadoras Cantía Aparicio, Uxía Loureiro, Elisa Isabel García, Ingrid Quiñones, Lara Carril e Nuria Blengua, Hugo Fontenla, Alejandra Riande, Flavia Cristina Alves, Álex Novoa, Antía Sobrado, Sofía Sánchez e Santiago Iglesias, Raquel Barroso e Noemí Barrote, Alba Cobos, Inmaculada Dios, Ana María Piña, Ana María Lorenzo, Naiara González e Sofía Santiago, Hugo Reyes e Álvaro González, Eduardo Santamaría, María Díaz, Carolina Vigas, Ángela Madroño, Leticia Raise, Alejandra Gil, Jennifer Brito e Juncal Martínez, Ana Feijóo, Sara Velázquez, Adriana Pérez e María Andrea Rojas, Fabiola Santos, Agustín Díaz e Elena Gómez, Tania Conde, Víctor Bellagona, Gloria García e Nuria de la Barrera e Pablo Álvarez.

Desde a Mostra queren “parabenizar a todas e todos os integrantes desta selección final e cuxa implicación sempre é un engadido a un evento que conta cunha gran relevancia a nivel internacional”, engaden. “O xurado terá novamente un papel moi pero que moi difícil para poder seleccionar as gañadoras e gañadores”, admiten.

As coleccións que participan no concurso poderán verse na pasarela da feira de encaixes de Camariñas. M. L.

21 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.