Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sendeirismo: ruta imponente con case duascentas paradas

Misterios para descubrir o rural ó son do río Anllóns, que guiará aos camiñantes de Senda Nova na partida da Primavera en Ruta

O espírito de coñecemento e de posta en valor do entorno natural é o que mobiliza dende hai doce anos aos camiñantes que seguen as pegadas de Senda Nova a través da Primavera en Ruta. O domingo, día 18, volverán aos camiños de Bergantiños, Terra de Soneira e Ordes para “sacar á luz e coñecer moito do patrimonio máis importante destas comarcas”, afirma o presidente do colectivo ambiental, José Manuel Menéndez.

Farano a través de oito roteiros definidos a partir dos traballos previos de investigación da propia asociación e, principalmente, a través do esforzo de Evaristo Domínguez e José M. Menéndez.

Camiñadas nas que están previstas case 200 paradas para gozar e aprender dos misterios da paisaxe, do patrimonio, da etnografía e dos recursos naturais que acompañarán aos sendeiristas no seu andar.

A duodécima Primavera en Ruta comezará o domingo, día 18 de abril, á beira do Anllóns. Guiados polo son do río, os participantes desfrutarán do patrimonio ecolóxico fluvial dende o corazón de Bergantiños. O día 25 calzarán as botas para percorrer os Camiños de Aldemunde e descubrir os segredos do bosque atlántico da Ribeira da Pena, no municipio carballés.

O terceiro roteiro adentrará aos sendeiristas no Coristanco histórico o día 2 de maio, e a maxia dos petroglifos e megalitos encherá de contido a Ruta das Mámoas que percorrerán o 9 de maio por terras de Cabana.

A costa agreste de Cerqueda e Cambre (Malpica) e os seus segredos xeolóxicos serán o reclamo do quinto roteiro, programado para o 23 de maio. Unha semana despois, o día 30, Senda Nova guia-
rá aos camiñantes ata as
terras de Trazo para descubrir muíños e batáns escon-didos á beira do río Chonia.

Os camiños de Caión (A Laracha) e as terras altas de Soneira brindarán aos sendeiristas os mellores altares sobre o mar e os balcóns savalxes do Pico Meda (Zas), respectivamente, e porán fin á Primavera en Ruta 2021 os días 6 e 13 de xuño.

Para participar é preciso anotarse dous días antes de cada ruta. As inscricións poden facerse na base de Protección Civil de Carballo, os departamentos de Cultura e Deportes da Laracha e Coristanco, ou no Espazo da Natureza de Oza. Os socios de Senda Nova aboarán 1 € os menores de idade e 3 € os maiores, e os non asociados 3 e 6 euros, respectivamente.

16 abr 2021 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.