Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Inclúe recreacións da casa de Papá Noel e a Feira de Santa Lucía, a decoración dun lavadoiro ou a promoción da Ruta, entre os traballos galardoados TEXTO. S. E.

#SilledafaiNadal premiou o inxenio en barrios, casas, balcóns e portais

Na categoría colectiva o primeiro premio (1.000 €) é para a veciñanza da praza Mestre Mateo de Silleda, pola súa Feira da Santa Lucía. O segundo (700 euros) recaeu na Asociación Socio Cultural de Cortegada, cunha orixinal recreación da casa de Papá Noel na carballeira de Camporrapado. O terceiro, dotado con 500 euros, é para un grupo de nenos e nenas de Aldea Grande, en Saídres que decoraron o lavadoiro da localidade. Na categoría colectiva, tamén se outorgou unha mención especial ao Barrio das Baratas, –gañadores das dúas edicións anteriores– pola súa vistosidade e a promoción do Camiño de Santiago.

Na individual, a proposta gañadora (500 €) foi novamente a de Nerea Costa Alonso, pola decoración da sua vivenda en O Pereiro, Laro. O segundo premio foi para Alexia Ferro (300), e o terceiro para o balcón de Naiara Peña Conde na rúa Carballeira do Chousiño (175 €).

No xurado participaron membros da Asociación Cultural Vista Alegre, da Asociación Sociocultural Coto do Castelo de Graba, e da ANPA Musiquiños, aos que dende o Concello de Silleda se lles agradece tamén a súa colaboración. Os premios entregaranse esta semana nun acto que acollerá a casa consistorial.

03 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.